Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de setembro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan debedores e bens que se van poxar pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Esmorís Calviño, Abelardo e seis máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta e nos que por resolución da Dirección Xeral de Tributos do 22 de xullo de 2003, acordouse o sinalamento da data de poxa dos bens que se describen na devandita relación para o 9 de outubro de 2003 que se vai celebrar no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, sita no número 22 da praza de Pontevedra da cidade da Coruña.

A antedita resolución do 22 de xullo de 2003 non puido ser notificada persoalmente ós interesados relacionados malia os intentos feitos neste sentido.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, emprázanse ós interesados que se relacionan ou ós seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse diante do órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, rúa Comandante Fontanes, 17-1º A), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de setembro de 2003.

P.O.

Anselmo Menéndez

Colaborador de Zona de Recadación da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFDescrición que se vai poxar

Esmorís Calviño, Abelardo32395919MVehículo marca BMW, modelo 520i, matrícula C-6970-BM.

Excavaciones Núñez

Sanfiz, S.L.

B15090004Vivenda sita no portal número 3 do Camiño a Riobao no concello de Sada. Predio 15074 do Rexistro de Betanzos.

Frieiro Soto, Carlos32635593LTerreo a labradío con casa no lugar de Viladóniga, parroquia de Serantes, concello de Ferrol. Predio 52631 do Rexistro da Propiedade número 1 de Ferrol.

Pérez Viturro, Francisco33233796SPredio no lugar de César, concello de Boiro. Predio 18.016 do Rexistro da Propiedade de Noia.

Pérez Viturro, Francisco33233796SPredio no lugar de César, concello de Boiro. Predio 18.015 do Rexistro da Propiedade de Noia.

Provigarbla, S.L.B152519602/29 avas partes indivisas do local de 1.207,90 metros cadrados do edificio Barbanza sito no número 3 da rúa Principal, estrada de Padrón a Ribeira. Predio 11539 do Rexistro da Propiedade de Noia.

Souto Martínez, Manuel32390924RPredio urbano correspondente a inmoble sobre terreo sito no lugar de Santo Antonio, Ponteceso. Predio 14559 do Rexistro da Propiedade de Carballo.