Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Asesoría Xurídica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, por Orde do 7 de abril de 2003 (DOG nº 80, do 25 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderzo o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Número de rexistro: 4656931746A2071.
Apelidos e nome: Nóvoa Suárez, Mª Jesús.
Posto de traballo: asesor xurídico.
Código posto: XU.C02.00.002.15770.001.
Centro directivo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: A (escala de letrados).
Corpo ou escala: xeral.
Nivel C. destino: 30.