Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Mondariz e a entulleira de Foxaco (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Mondariz e a entulleira de Foxaco (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: 13 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaoito mil douscentos trinta e seis euros con cincuenta e un céntimos (18.236,51 A).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3000.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A).

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo se trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 13.00 horas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12.00 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de Medio Ambiente