Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2003 pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de saneamento e depuración no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín, Ourense), polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anuncia-la convocatoria da contratación, mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:

Obxecto: saneamento e depuración no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín, Ourense).

Orzamento de licitación: 420.000 A (catrocentos vinte mil euros), IVE incluído.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: 4 meses.

Exposición de proxectos: o proxecto e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural.

Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, unicamente, no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado, farase neste último exclusivamente, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, tendo que aterse ó disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio adminis

trativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do décimo oitavo día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa terá lugar o día hábil seguinte.

Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL