Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 09 de setembro de 2003 Páx. 11.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 213/2002).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 410 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Arcai, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Barral, no termo municipal de Tordoia, (expte. 213/2002) por resolución desta delegación provincial con data 21 de abril de 2003, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 18 de setembro de 2003 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Tordoia, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego de datas 3-10-2002, 11-10-2002 e 19-9-2002, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se

produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de agosto de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL