Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T., C.T. edf. Terra.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con orixe no C.T. urbanización Lamazáns e remate no C.T. que se proxecta, de 630 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado no edificio Terra, na rúa Lamazáns de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de xullo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra