Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.417

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (96/2002).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos seguidos neste xulgado co nº de execución 96/2002, por instancia de José Antonio Martínez Lampón, contra a executada Hijos de Manuel Sanmartín, Reformas y Construcciones, S.L., sobre despedimento, se dictou nesta data auto cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Declara-la insolvencia provisional da demandada Hijos de Manuel Sanmartín, Reformas y Construcciones, S.L., sen prexuízo e para os efectos da execución nº 96/2002, polas cantidades de nove mil cento setenta e cinco con setenta e oito euros (9.175,78 euros) de principal, máis novecentos dezasete euros (917 euros) de xuros e custas provisionais, arquivándose estas actuacións sen máis trámites, logo das anotacións correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Fondo de Garantía Salarial, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así o acorda, manda e asina o maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, Emilio Fernández de Mata. Dou fe. Seguen sinaturas.»

E para que sirva de notificación en forma á empresa executada Hijos de Manuel Sanmartín, Reformas y Construcciones, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, e así mesmo, para que teña lugar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia baixo a advertencia de que as seguintes notificacións se lle farán nos estrados deste xulgado (artigo 59 LPL), expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

O secretario

Rubricado