Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 08 de setembro de 2003 Páx. 11.414

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de setembro de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de subins

pección pesqueira, levada a efecto pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de subinspección pesqueira do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos ós que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso na escala de subinspección pesqueira do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C)

Promoción interna

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEX. 1ºEX. 2ºEX. 3ºEX. 4ºCONCURSONOTA FINAL

35442755PBALIÑASPAZOSJOSE ANTONIO7,4113,1416,20EXENTO4,9041,65

Acceso libre

DNIPRIMEIRO APELIDOSEGUNDO APELIDONOMEEX. 1ºEX. 2ºEX. 3ºEX. 4ºCONCURSONOTA FINAL

46905949WMOLINAJACKMª EUGENIA7,9313,6314,50EXENTA036,06

32835913DESCUDERODANSDAVID7,9312,0514,00EXENTO033,98

33274192TPIÑEIROPOUSORAMON JAVIER7,4113,0313,00EXENTO033,44