Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de cableado estructurado da casa do concello, Churruchaos e chalé de Fontoira.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento da licitación: 124.500 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Garantías: a) Provisional: 2.490 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentos e información: Servicio de Contratación. Praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Data límite de obtención de documentación: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: data límite: vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: cláusula 16ª do prego. Lugar: rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 13.00 horas.

8. Apertura das ofertas: cláusula 17 do prego, ás 9.00 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de adxudicación: cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos: cláusula 26 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2003.

O secretario xeral

Rubricado

O tenente alcalde delegado da área

Rubricado