Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Diz González e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, de 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con domicilio en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Manuel Diz Glez. e Manuela Glez. Presa C.B.

CIF: E-36641363.

Obrigado ó pagamento: Manuel Diz González.

NIF: 35530942-J.

Importe: 1.763,04 A.

Zona de recadación: Vigo.

Suxeito pasivo: A Costureira C.B. O Grove.

CIF: E-36271849.

Obrigado ó pagamento: Encarnación Fraga Conde.

NIF: 35436647-H.

Importe: 180,31 A.

Zona de recadación: Pontevedra.