Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2003 Páx. 11.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2003 pola que se fai pública a relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral de Administración e Servicios.

Establecida a relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral de Administración e Servicios desta universidade polo Consello de Goberno, na súa reunión do día 10 de xullo de 2003, e emitido informe favorable do Consello Social, e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 15.3º

da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire a normativa vixente, resolve facer pública a relación de postos de traballo de persoal funcionario e laboral de Administración e Servicios da Universidade da Coruña que se recolle no anexo a esta resolución.

A Coruña, 26 de agosto de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Notas: formación específica.

1. Dominio de idiomas, preferentemente inglés.

2. Experiencia na coordinación das unidades estructurais dos servicios de investigación e planificación das súas tarefas. Coñecementos e experiencia en deseño de experimentos.

Experiencia en optimización de recursos materiais e humanos dun laboratorio de investigación, propostas de mellora de equipos e asesoría técnica á dirección. Directrices de estocaxe.

3. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

4. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da unidade de técnicas instrumentais de análise, no deseño do mantemento dos equipos dela e na súa manipulación e na realización de experimentos.

5. Experiencia na coordinación e execución de tarefas da unidade de espectrometría molecular, mantemento dos equipos de resonancia magnética nuclear e espectrometría de masas, e na manipulación de equipos e optimización delas.

6. Experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipos da unidade de microscopia.

Previsión de funxibles.

7. Experiencia no deseño do mantemento, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipos da unidade de análise. Optimización de recursos de operación, realización de experimentos e previsión de funxibles.

8. Coñecementos e experiencia no mantemento da infraestructura, instalación, liñas de tensión e sistemas de alimentación ininterrompida, reparación e taller.

9. Enxeñeiro en informática. Coñecementos de computación vectorial e paralela, sistemas operativos UNIX e MS-DOS, TCP-IP, linguaxe CVP Fortram 77-VP e Pascal, teleinformática e computación científica.

10. Experiencia nas linguaxes Fortam e C e no manexo de paquetes e librerías estatísticas (como o paquete STATGRAPHICS ou librería IMSL), e aplicación de cálculo simbólico (REDUCE, MATHEMATICA O MAPLE).

11. Certificado de competencia mariñeira.

12. Permiso de conducción clase D, sen a limitación 101.

13. Permiso de conducción clase B.

14. Experiencia en xestión de aplicacións.

15. Experiencia en administración de sistemas.

16. Experiencia en dirección e control de proxectos.

17. Experiencia en xestión de I+D.

18. Diplomado en relacións laborais ou licenciado en dereito.

19. Experiencia en xestión de redes de centrais telefónicas; experiencia en xestión de redes ATM e integración de voz sobre ATM. Coñecementos e experiencia en RDSI servicios avanzados de telefonía, videoconferencia e multiconferencia.

20. Experiencia en xestión de redes corporativas sobre ATM, ETHERNET conmutado e TCP-IP. Experiencia en xestión de sistemas de cableado estructurado corporativo.

Experiencia en sistema operativo UNIX a nivel administración e xestión SNMP.

21. Especialidade en cámara. Experiencia en realización de guións técnicos de producción audiovisual e en coordinación de equipos técnicos de filmación.

22.Dominio idiomas inglés e francés.

23. Coñecementos de linguaxes ASP e JAVA, modelado de datos e deseño de sistemas de información. Experiencia en desenvolvemento de plataformas de teleformación e xestión de bases de datos documentais.

24. Dominio dos idiomas galego, inglés e francés. Coñecementos e experiencia en desenvolvemento de páxinas WEB (html, frontPage).

25. Coñecementos de linguaxe html. Coñecementos e experiencia con editores web: (Front page, Dreamwear) e con programas Photoshop, Freehand, CorelDraw, Flash, 3D Studio e QuarkXPress.

26. Experiencia no seguimento e coordinación do proceso técnico e da súa informatización e no establecemento de pautas comúns e homoxeinización das tarefas internas das bibliotecas.

Formación do catálogo colectivo.

27. Coñecementos e experiencia en CD-ROM, teledocumentación, acceso ó documento, préstamo interbibliotecario e fotodocumentación. Establecemento de pautas comúns para as bibliotecas, en canto a regulación ós servicios e ós usuarios, seguimento das necesidades deles e información dos servicios.

28. Experiencia en arquivos.

29. Licenciado en CC. económicas e empresariais ou diplomado en ciencias empresariais.

30. Dominio dos idiomas inglés e francés. Valoraranse como méritos coñecementos doutros idiomas, principalmente de países da Unión Europea.

31. Licenciado en medicina, especialidade en medicina do traballo ou diploma de médico de empresa.

32. Diploma en enfermería de empresa.

33. Coñecementos na utilización de métodos de avaliación da calidade do aire.

34. Coñecementos no nivel de administrador de sistemas en sistemas operativos Open VMS, True64UNIX; Windows e Linux. Comunicacións en rede utilizando protocolos TCP/IP e NetBEUI sobre Ethernet.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA