Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.304

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SUBMINISTRACIÓN de equipamento electromédico.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado en contrata-la subministración de equipamento electromédico destinado á dotación dun laboratorio para a producción de Radiofármacos PET, que se situará nun anexo ó edificio D del Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, praza Europa 5 A-6º B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, nos vinte días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para los propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas (http://www.sergas.es).

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) y nº 3 (proposición económica) abriranse a partir das 11 horas do décimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica, S.A.