Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (653/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 30 de xuño de 2003 adoptou o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Resolve-las alegacións formuladas ó PERI do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo, de conformidade cos informes técnicos do equipo redactor, dos que se dará traslado ós interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o Plan especial de protección e reforma interior do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo.

3. Na fase de xestión do plan estudiarase en cada unha das áreas de reparto a viabilidade económica, para efectos de financiamento polo Concello do exceso de custos de urbanización que nalguna delas puidera producirse.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 8 de xullo de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente