Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 26-8-2003, acordou inicia-los trámites para a contratación que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: rede de sumidoiros en Casas Novas.

Orzamento: 70.000,00 euros, IVE incluído.

Duración do contrato: 2 (dous) meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional/definitiva: 2% do orzamento e 4% do importe da adxudicación, respectivamente.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexis

tro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e das 9.00 ás 14.00 horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás 12.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 27 de agosto de 2003.

Camilo González Bodaño

Alcalde en funcións