Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/83-2, 6053 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. soterrada, C.T. de 630 kVA e R.B.T. en Germán Alonso.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.S., unha con orixe en C.T. de Pallares e final en C.T. rúa de Germán Alonso de 140 m de lonxitude, outra con orixe en C.T. Chantada e final en C.T. de Germán Alonso e unha terceira con orixe en C.T. de Pallares e final en C.T. Chantada.

C.T. en edificio existente en interior de superficie con unha potencia de 630 kVA situado na rúa Germán Alonso.

R.B.T.S. cunha lonxitude de 50 m con orixe en C.T. de Germán Alonso e final en rúa Germán Alonso, outra de 130 m con orixe en rúa Germán Alonso e final en rúa Germán Alonso e outra con orixe en C.T. rúa do Olvido e final en rúa Germán Alonso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de xullo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo