Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2003 Páx. 11.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 29 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convoca un concurso de premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos sobre a educación do consumidor.

O Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, conscientes da necesidade de forma-los alum

nos/as da Comunidade Autónoma Galega cara á adquisición do espírito crítico que lles permita enfrontarse ás múltiples e diversas ofertas da sociedade de consumo, e elixir de maneira libre e responsable, convocan para o ano 2003 un concurso de premios a debuxos, bandas deseñadas, carteis, e relatos curtos sobre a educación do consumidor na escola, invitando os escolares galegos a reflexionar sobre a sociedade de consumo e a que utilicen como medio a creación artística e literaria.

Por todo isto,

DISPOÑEMOS:

Convocar un concurso de debuxos, bandas deseñadas e carteis, e relatos curtos, en materia de edu

cación do consumidor de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar neste concurso tódolos alumnos e alumnas matriculados en centros de niveis educativos non universitarios da Comunidade Autónoma Galega.

Segunda.-Os premios distribuiranse do xeito seguinte:

-Un premio para o mellor cartel ou debuxo colectivo, sobre tema de consumo, realizado por alumnado de educación infantil, dotado con 750 euros, dos que 300 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 450 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para o mellor debuxo colectivo, sobre tema de consumo, realizado por alumnos ou alumnas de 1º e 2º ciclo de educación primaria, dotado con 900 euros, dos que 390 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 510 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para a mellor banda deseñada colectiva (historia en viñetas sobre un tema de consumo) dos alumnos e alumnas do 3º ciclo de educación primaria, dotado con 900 euros, dos que 390 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 510 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para a mellor banda deseñada colectiva (historia en viñetas sobre un tema de consumo) dos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO, dotado con 1.050 euros, dos que 450 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 600 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para o mellor relato curto de ficción sobre un tema de consumo para os alumnos/as do segundo ciclo da ESO, bacharelato LOGSE, ciclos formativos, formación profesional de 1º e 2º grao, BUP e COU, dotado con 1.200 euros, dos que 540 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 660 euros corresponderán ó centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as. Estes relatos curtos terán unha extensión máxima de 4 follas a dobre espacio DIN-A4 por unha soa cara.

-Un premio para o mellor debuxo presentado por alumnos e alumnas de escolas de arte, dotado con 1.200 euros, dos que 540 euros se investirán na

adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 660 euros serán para a escola onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

Terceira.-O prazo de presentación dos traballos remata o día 31 de outubro de 2003.

Cuarta.-Os traballos deberanse presentar nos servicios centrais ou provinciais do Instituto Galego de Consumo, no modelo que figura como anexo desta resolución, sendo en todo caso aplicable o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa actual redacción, dirixidos ó presidente do Instituto Galego de Consumo, acompañados dun certificado do centro onde o/os concursante/s efectúe/n os seus estudios, nos que consten os datos do alumno, nivel educativo, curso, ciclo ou modalidade que realiza.

Quinta.-Os premios que se concedan (contía global máxima de 6.000 euros), faranse efectivos con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343A.640.0 do Instituto Galego de Consumo, na que existe crédito axeitado e suficiente, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2003.

Sexta.-A concesión dos premios farase por proposta dun xurado nomeado polo presidente do Instituto Galego de Consumo e o director xeral de Centros e Ordenación Educativa.

Séptima.-A decisión do xurado, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, será inapelable e poderán ser declarados desertos calquera premio anunciado ou, de se-lo caso, e se o xurado o determina, ser acumulados entre si, ou compartidos.

Oitava.-A participación no concurso supón a aceptación de tódalas súas bases, así como a cesión do dereito da propiedade no caso dos carteis, cómics ou debuxos e os traballos de redacción gañadores, nos que poderán introducirse as variacións que se consideren máis axeitadas á súa finalidade.

Disposición derradeira

Nos aspectos non previstos nesta resolución haberá que aterse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ambas na súa actual redacción.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2003.

Víctor Tello CalvoAlberto Rodríguez Armesto

Presidente do InstitutoDirector xeral de Centros

Galego de Consumoe Ordenación Uducativa