Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.223

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO LOCAL OS PEARES

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Local Os Peares.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación.

2. Proxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural do Consorcio Local Os Peares.

b) Prazos e fases de execución:

-Entrega do avance do Plan especial, 5 meses.

-Entrega do documento para a aprobación inicial, 5 meses.

-Entrega do informe de alegacións, 1 mes.

-Entrega do documento para a aprobación definitiva, 1 mes.

-Entrega do documento final refundido, do que deberá presentar seis (6) exemplares, 1 mes.

c) Lugar de entrega: Consorcio Local Os Peares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.275 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación (685,50 euros).

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación do Consorcio Local Os Peares.

b) Teléfono: 988 20 01 40.

c) Telefax: 988 20 01 40.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día sinalado como último para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos na cláusulas 9ª do prego de cláusula particulares.

8. Presentación de presentacións.

a) Data límite de presentación: a prevista na cláusula 8ª do prego de cláusulas particulares.

b) Documentación que hai que presentar: farase en tres sobres.

Sobre A: deberá te-la seguinte inscrición: «Documentación xeral. Concurso para adxudicación do contrato de redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural do Consorcio Local Os Peares», presentada por...

Os Peares, ... de... de 2003.

O licitador (asinado e rubricado).

Sobre B: deberá te-la seguinte inscrición. «Referencias técnicas. Concurso para adxudicación do contrato de redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural do Consorcio Local Os Peares», presentada por...

Os Peares, ... de... de 2003.

O licitador (asinado e rubricado).

Sobre C: deberá te-la seguinte inscrición: «Proposición económica. Concurso para a adxudicación

do contrato de redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural do Consorcio Local Os Peares, presentada por...

Os Peares, ... de... de 2003.

O licitador (asinado e rubricado).

Neste sobre C incluirase a proposición económica, que se axustará ó seguinte modelo:

D./Dª..., con enderezo en..., actuando en nome propio, ou representación de..., con DNI..., e enderezo en..., toma parte no concurso público a través de procedemento aberto, para a prestación dos servicios de consultoría e asistencia técnica para redacción do Plan especial de protección, rehabilitación e mellora do medio rural no Consorcio Local Os Peares, convocados polo consorcio mediante anuncio publicado no DOG nº... do... e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece un prezo de... (en letra e número) euros, que supón unha baixa de... euros con respecto ó tipo de licitador.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas derivan do prego de condicións económico administrativas e de prescricións técnicas que rexen o concurso.

3. Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratatación laboral e de Seguridad Social.

Os Peares, ... de ... de 2003.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral do Consorcio Local Os Peares.

Prazo de validez da oferta: tres meses contados desde a apertura das proposicións.

Apertura de ofertas.

A apertura de plicas terá lugar nas oficinas provisionais do Consorcio Local Os Peares (sito no centro de saúde dos Peares), ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de licitación que, se coincide en sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

10. Gastos dos anuncios.

O adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

11. Exposicións dos pregos.

Os pregos de cláusulas particulares e prescricións técnicas que rexen esta convocatoria quedan expostos ó público na Secretaría Xeral. Servicio de Contratación do Consorcio Local Os Peares (centro de saúde dos Peares), teléfono e fax: 988 20 01 40, durante o prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.

Os Peares, 22 de xullo de 2003.

Manuel Seoane Rodríguez

Presidente