Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno do 11 de agosto de 2003 o Plan parcial sector 2 Parque Empresarial de Vilamarín, presentado por Máximo Campos Salgado en representación de Roangest, S.L., e de conformidade o disposto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que se poida examina-lo seu contido e presenta-las alegacións ou observacións que se estimen convenientes.

Asemade notificaráselles individualmente a tódolos propietarios dos terreos afectados.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación ou demolición, no ámbito territorial afectado polo plan parcial.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos e extinguirase coa aprobación definitiva do citado plan parcial.

Vilamarín, 20 de agosto de 2003.

María Sol Pérez Touriño

Alcaldesa en funcións