Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de contratación de obra.

Entidade adxudicadora: Concello de Ames.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de travesía de Biduído de Abaixo-Casanova.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

Orzamento: 254.402 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: 6 meses.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Documentación: obtención de copias do proxecto e do prego de cláusulas administrativas particulares en Copy Estudio. Rúa Nova de Abaixo nº 19-21, local 2, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 59 33 85.

Información: Concello de Ames (Secretaría Xeral). Tfno.: 981 88 30 60, fax: 981 88 39 25.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presenta-las proposicións nas oficinas da Casa do Concello de Ames, ata as 13.00 horas dos trece días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP, Diario Oficial de Galicia, ou no xornal El Correo Gallego. Se o último día para a presentación de proposicións fose sábado ou festivo, o prazo prorrogarase automaticamente ata o día hábil inmediatamente posterior.

Gastos de anuncios: aproximadamente 600 euros.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día fose sábado, abriranse o día hábil inmediatamente posterior.

Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Ames, 26 de agosto de 2003.

Carlos A. Fernández Castro

Alcalde