Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de transporte de persoal do CHUS ós centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela, traslado intercentros de doentes do Hospital Psiquiátrico de Conxo e de material sanitario que non precise condicións especiais, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 45/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de transporte de persoal do CHUS ós centros de saúde da área sanitaria de Santiago de Compostela, traslado intercentros de doentes do Hospital Psiquiátrico de Conxo e de material sanitario que non precise condicións especiais de traslado.

2. Orzamento: 120.181,80 A (cento vinte mil cento oitenta e un euros con oitenta céntimos), IVE incluído.

3. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: (2.403,64 A).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: vintecatro meses, desde o 16 de decembro de 2003 ou data da sinatura do contrato, se fose posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderase prorrogar nos termos que prevé a cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación: segundo o punto 16 da folla de especificacións.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9.00 ata as 14.00 horas. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.

Cristóbal Galbán Rodríguez

Xerente xeral en funcións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela