Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/130).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Lobra.

Situación: Lobra-Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.635 m, orixe en L.M.T. Santiago de Compostela-Ordes e final no C.T.C. Lobra (proxectado), conductor R.H.Z. 12/20 kV 3(1x95) mm Al.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de tensións de 20/0,380-0,220 kV.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 140 m, coa orixe en C.T.C. Lobra (proxectado), e final en apoio de formigón existente, conductor R.V. 0,6/1 kV 4 (1x150) mm Al. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 17 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña