Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sobre roupa de traballo e calzado profesional contido no anexo VI do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e de conformidade co disposto no artigo 2 e) do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 14 de xullo de 2003 certificación da secretaria da comisión paritaria do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na xuntanza do 3 de xullo de 2003, sobre roupa de traballo e calzado profesional contido no anexo VI do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO I

A comisión paritaria do IV Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 3 de xullo de 2003 (acta 5/2003) adoptou o acordo:

Incluír no anexo I do acordo adoptado entre a Administración da Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do Persoal Laboral sobre roupa de traballo e calzado profesional, contido no anexo VI do Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a seguinte categoría do grupo III:

CategoríaDescriciónEntrega

(71) Oficial2Conxunto cazadora/pantalón ou fundaBienal

de primeira1Par de zapatos goma ou botasAnual

xardineiro/a1Par de botas de augaAnual

1Traxe de augaBienal

1AnorakBienal

1XerseiAnual

2CamisasAnual