Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios das modalidades de bacharelato convocados pola Orde do 31 de marzo de 2003.

A Orde do 31 de marzo de 2003 (DOG do 24 de abril), pola que se convocaban os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato, correspondentes ó curso 2002/2003, establecía no seu artigo 8.2º que, de acordo coa proposta feita polo tribunal encargado de supervisar e avalia-las probas do premio extraordinario de bacharelato, o director xeral de Centros e Ordenación Educativa concedería os premios extraordinarios de bacharelato.

Unha vez realizadas as citadas probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións pre

sentadas e vista a acta coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-lo premio extraordinario das modalidades de bacharelato, correspondente ó curso 2002-2003, ós alumnos que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese recorrer, mediante recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o director xeral de Centros e Ordenación Educativa, ou impugnar, mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

Apelidos e nomeCentro educativoLocalidade

Casares Iglesias, JorgeCentro Privado Santa MaríaOurense

Corbacho González, BeatrizIES Xunqueira IPontevedra

Dacasa Pereira, BorjaIES O CoutoOurense

Del Río Pérez, FidelIES Arcebispo Xelmírez ISantiago de Compostela

Domínguez Vázquez, MiguelIES O CoutoOurense

Fernández Folgueiras, EreaCentro Privado GalénLugo

Fernández García, Miguel ÁngelCentro Privado Salesiano San Juan BoscoA Coruña

Hermoso Buján, José LuisIES Gonzalo Torrente BallesterPontevedra

Hughes, Mark WilliamIES Lucus AugustiLugo

Iglesias Echevarría, MilcaIES Marqués de SargadelosSan Cibrao-Cervo (Lugo)

Jorreto López, IsidroIES Nosa Señora dos Ollos GrandesLugo

López Calderón, CarmeIES Arcebispo Xelmírez ISantiago de Compostela

Palomanes Soto, AnaIES As LagoasOurense

Ramahí García, DianaCentro Privado Compañía de MaríaSantiago de Compostela

Rodríguez Martínez, ValentínIES Xermán Ancochea QuevedoA Pobra de Trives (Ourense)

Rodríguez Pérez, Iria MaríaIES Nosa Señora dos Ollos GrandesLugo

Rodríguez Poch, EduardoIES Vilar PonteViveiro (Lugo)

Sánchez Randulfe, Fátima IsabelCentro Privado GalénLugo

Seijas Gómez, RaquelIES Lucus AugustiLugo

Teijeiro Flórez, IsmaelIES Porta da AugaRibadeo (Lugo)

Vidal Valiña, Carmen MarinaIES Maximino Romero de LemaZas (A Coruña)