Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós.

a) Órgano: pleno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 89/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras comprendidas no proxecto denominado pavimentación en Arzoá-Moialde e Soutochao, redactado polo enxeñeiro técnico de o.p. Luis Fernández Pérez, obra número 89/2003, correspondente ó plano base (PB 2003).

b) Lugar de execución: Arzoá-Moialde e Soutochao.

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación: urxente.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma de adxudicación: concurso.

6. Orzamento base de licitación: importe total: 42.493,00 euros, IVE incluído.

7. Garantía provisional: 849,86 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación, máis o 4% do importe en execución por contrata das melloras que sexan ofertadas polo adxudicatario.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilardevós (Secretaría).

b) Enderezo: Paseo Manuel Núñez, número 36.

c) Localidade e código postal: 32616 Vilardevós.

d) Teléfono: 988 41 70 04 e 988 41 70 32.

e) Fax: 988 41 70 04 e 988 41 70 32.

f) Correo electrónico (e-mail): alcaldia*vilardevos.org; secretaria*vilardevos.org.

g) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións ou ofertas.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

10. Presentación das proposicións ou ofertas de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: véxase a cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

11. Apertura de proposicións ou ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilardevós. Salón de Plenos.

b) Enderezo: paseo Manuel Núñez, número 36.

c) Localidade: Vilardevós.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións ou ofertas.

e) Hora: 12.00 horas.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Vilardevós, 30 de xullo de 2003.

José Luis Pérez García

Alcalde