Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cuntis. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de Centro Cultural e Social, IV fase.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Prazo de execución: 18 meses.

5. Orzamento base de licitación: 631.062,00 euros nas seguintes anualidades:

-Anualidade 2003: 63.106,20 euros.

-Anualidade 2004: 189.318,60 euros.

-Anualidade 2005: 378.637,20 euros.

6. Garantía provisional: 12.621,24 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do concello de Cuntis, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de trece días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

8. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas particulares, presentarase conforme o seguinte modelo:

Don..., con DNI nº..., natural de..., provincia de..., maior de idade e con domicilio..., r/..., teléfono..., actuando en nome propio ou da empresa á que represente, manifesta que, informado do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número..., do..., conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, o contrato de realización da obra do Centro Cultural e Social IV fase e do prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico que deberán rexe-lo dito concurso e na representación que ten, se compromete a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo de..., (en letra e número), comprendendo esta oferta e prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Cuntis, ás 14.00 horas do quinto día hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Exposicións do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días seguintes ó da publicación deste anuncio.

Cuntis, 25 de agosto de 2003.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde