Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/465-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: A Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Areas-A Toxeira.

Situación: concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-56 de 484 m de lonxitude, con orixe no apoio 6 da L.M.T. A Bouza Valada I e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado no lugar de Areas-A Toxeira, no concello de Tui. R.B.T. aérea de 2.408 m de lonxitude, con conductor R.Z. e orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 14 de xullo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra