Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/228).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pz. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. rúa Enrique Pardo Bazán, 28 (edificio Praza).

Situación: Laxe.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 243 m de lonxitude, con orixe en celas compactas que se van instalar no C.T. Laxe II e final no C.T. rúa Enrique Pardo Bazán, 28, que se vai instalar.

Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensión de 20/0,380-0,220 kV, na rúa Enrique Pardo Bazán, 28. Concello de Laxe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña