Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.133

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron o citado proceso.

En sesión que tivo lugar o día 22 de agosto de 2003, o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 29 de novembro de 2001,

ACORDOU:

Primeiro.-Publica-la proposta de aspirantes que superaron, por orde de puntuación, o proceso selectivo, de conformidade co disposto na base IV da citada convocatoria.

Segundo.-Eleva-la presente proposta á Dirección Xeral da Función Pública, de conformidade co establecido na citada base IV da convocatoria.

A puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal como dispón a base II.2.4 da convocatoria e é a que figura no anexo, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2003.

María José Cancelo Baquero

Presidenta do tribunal

ANEXO

Promoción interna.

NDNIAPELIDOS E NOME1º EXE.2º EXE.3º EXE.4º EXE.MÉRITOSTOTAL

135442755 PBALIÑAS PAZOS, JOSE ANTONIO7,4113,1416,20EXENTO4,9041,65

Acceso libre.

NDNIAPELIDOS E NOME1º EXE.2º EXE.3º EXE.4º EXE.MÉRITOSTOTAL

146905949 WMOLINA JACK, MARIA EUGENIA7,9313,6314,50EXENTA036,06

232835913 DESCUDERO DANS, DAVID7,9312,0514,00EXENTO033,98

333274192 TPIÑEIRO POUSO, RAMON JAVIER7,4113,0313,00EXENTO033,44