Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.113

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 27 de agosto de 2003 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, da Fundación Arousa Cup.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Arousa Cup.

Supostos de feito.

Primeiro.-A fundación solicitou a clasificación e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, por medio do escrito presentado por Joaquín Briones Berride, en calidade de representante da fundación.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública outorgada o 14 de novembro de 2002 en Vilagarcía de Arousa, ante o notario Julio Manuel Díaz Losada, co número 1.176 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por tódolos secretarios xerais na reunión celebrada o día 20 de maio de 2003 elevou ó conselleiro da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese galego da Fundación Arousa Cup.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 21 de maio de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 112, do 11 de xuño de 2003), clasificouse como benéfico-social a Fundación Arousa Cup, tendo en conta o disposto no artigo 32.2º c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado de fundacións de interese galego e dado o seu obxecto adscribiuse á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción, exaltación e defensa en Vilagarcía de Arousa e toda a comarca do Salnés do deporte base, e en especial do fútbol, centrando as súas actividades en cada unha das súas diferentes categorías infantís ou de iniciación, ou outra que no futuro poida substituíla, organizando actos propios e colaborando nos que se realicen coa finalidade expresada.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente, constan, entre outros os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial da funda

ción, estatutos nos que consta a denominación (Fundación Arousa Cup), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros: Joaquín Briones Berride como presidente, Melchor Gago Torrado como vicepresidente, Juan Carlos Barreiro González como secretario, e Jesús Meda Cajaraville como vocal.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez revisados os seus estatutos, solicitou informe da Asesoría Xurídica, conforme o disposto no artigo 32.2º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu favorablemente con data do 23 de xullo de 2003.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 11 do Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, que modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións, da Fundación Arousa Cup, dado o seu obxecto coincidente coas competencias desenvolvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, da nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico, e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano

anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Así, en virtude do artigo 34 da Constitución española de 1978, o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións, a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime de fundación de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a demais normativa

de desenvolvemento e de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Arousa Cup.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a dar contas anualmente ó protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación

desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado