Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 24 de marzo de 2003, de revogación das axudas pola contratación en prácticas do expediente administrativo FM343D 2001/399-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación en prácticas do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º. Expediente de procedemento: FM 343D 2001/399-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Alfredo José Cordero Goyo.

Enderezo: rúa Fernández Villaverde 4, 4º A, 36002 Pontevedra.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 24 de marzo de 2003, ó abeiro da Orde do 10 de maio de 2001.

«Resolución:

Examinada a solicitude de axudas pola contratación en prácticas de traballadores, presentada por Alfredo José Cordero Goyo (no seu propio nome), e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 13 de setembro de 2001 e estimada na resolución do delegado provincial da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 5 de xullo de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 3.005,06 A pola contratación en prácticas dun traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Certificado de atoparse ó día nos pagamentos a Seguridade Social.

-Certificado de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 3 da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22 de maio) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001, en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-O artigo 11 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Revoga-la resolución desta Delegación Provincial de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 5 de xullo de 2002, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 3.005,06 A pola contratación en prácticas dun traballador.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo,

poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 24 de marzo de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 18 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra