Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.060

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.5º do Acordo do 10 de xuño de 2003, polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de tres postos de traballo de control docente do cadro de persoal desta Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), encadrado no grupo 9 da clasificación de persoal recollida no artigo 31 do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, publicado por Resolución do 6 de maio de 2002 (DOG nº 94, do 16 de maio), ó que se adheriu esta fundación segundo se acredita na Resolución do 7 de agosto de 2002 (DOG nº 188, do 30 de setembro), anúnciase que a primeira proba eliminatoria do dito proceso se celebrará o vindeiro día 12 de setembro de 2003 ás 17.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en San Lázaro, Santiago de Compostela.

Os aspirantes haberán de acudir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan. Non se permitirá a entrada con teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2003.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección