Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Concurso, por procedemento aberto, da seguinte obra:

Proxecto:

Falso teito e aseos na praza de Abastos, 2ª fase.

Orzamento:

68.524,78 euros.

Garantías:

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de contrato.

Prazo e lugar de presentación das proposicións:

Poderanse presentar no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 13.00 horas, en sobres pechados, coa documentación e os requisitos esixidos no prego de condicións aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 11 de agosto de 2003, no prazo de trece días contados a partir do día seguinte ó da data da publicación deste anuncio.

Apertura de plicas:

Terá lugar na secretaría do concello, ás 10.00 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación:

Poderase consultar na secretaría do concello en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Padrón, 19 de agosto de 2003.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde