Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 19 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 10167).

Advertido erro no expediente nº 10167, que foi publicado no DOG número 125, do luns 30 de xuño de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina nº 8.636, onde di: «sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica

que se cita», debe dicir: «sométese a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que se citan».