Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Francisco Javier Amo Fernández).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: El Telón de Acero, S.L.

CIF: B-79392221.

Obrigado ó pagamento: Francisco Javier Amo Fernández.

NIF: 22621663-J.

Importe: 631,14 A.

Zona de Recadación: Vigo.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA