De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/117 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación desta universidade, a favor de Paula María Mendiri Ruiz de Alda, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Paula María Mendiri Ruiz de Alda profesora titular de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación desta universidade.
A Coruña, 28 de xullo de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña