Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 29 de agosto de 2003 Páx. 11.041

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, a Alejandro García del Valle (praza 01/082).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/082 de catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade, a favor de Alejandro García del Valle, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alejandro García del Valle catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade.

A Coruña, 23 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña