Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 11.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O alcalde do Concello de Viveiro, Melchor Roel Rivas, por medio do Decreto do 11 de agosto de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle promovido por Promociones Galinor, S.L., consonte o proxecto redactado polo arquitecto Ricardo Vázquez Seijas, consistente na reordenación de volumes rueiro completo estrada C-642; rúa Vicente Bouza Basanta, Covas-Viveiro.

En cumprimento do que dispón o artigo 86.2º da Lei 9/2002, o expediente sométese a exposición

pública durante o prazo de vinte días, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Viveiro, 12 de agosto de 2003.

Melchor Roel Rivas

Alcalde