Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 10.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 1 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o proxecto de modificación do plan especial de ordenación do porto de Marín-Pontevedra (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro do mesmo ano), sométese a información pública o proxecto de modificación do plan especial de ordenación do porto de Marín-Pontevedra (Pontevedra), aprobado inicialmente o 1 de agosto deste ano, polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo, sitas nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, en Santiago de Compostela, e presentar ante esta consellería as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo