Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2003 Páx. 10.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axentes de extensión pesqueira, pola que se ordena a publicación da relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo.

Unha vez concluída a fase de oposición e elevada a definitiva a puntuación da fase de concurso, en sesión celebrada o día 7 de agosto 2003, o tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado pola Orde do 27 de novembro de 2002, acordou, de conformidade co establecido na base IV da convocatoria, publica-la proposta de aspirantes que superaron por orde de puntuación, as citadas probas.

Así mesmo, tal e como dispón a mencionada base IV, acordouse eleva-la citada proposta á Dirección Xeral da Función Pública.

A puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.5 da convocatoria, e é a que figura no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de aprobados. Acceso libre

DNIApelidos e nome1º exercicio2º exercicio3º exercicioConcursoTotal

76362951FBlanco Louro, María Concepción8,0015,6018,004,4046,00

10082351WGago Moldes, Elisa7,0016,9012,009,0044,90

32764252QCastro Vázquez, María Monserrat7,1212,7715,000,0034,89