Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de reparación do camiño Grixó Escudeiros e O Viso, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato: obra de reparación camiño Grixó Escudeiros e O Viso, segundo proxecto de Jesús Iglesias Iglesias aprobado pola Comisión de Goberno do 8 de maio de 2003.

2. Duración do contrato: cinco meses.

3. Tipo de licitación: 95.505,00 A.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipales.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 1.910,10 A.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeros días hábiles seguinte á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contado desde a última das datas de publicación do anuncio no BOP de Ourense ou ben no Diario Oficial de Galicia.

9. Apertura de proposicións: ás 17.00 horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte ó do remate do prazo para a presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 17 do prego.

Ramirás, 3 de xullo de 2003.

Pilar López García

Alcaldesa