Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 27 de agosto de 2003 Páx. 10.927

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias do metal sen convenio propio.

Visto o texto do convenio colectivo do sector industrias do metal sen convenio propio, con nº de código 3601155, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 24-6-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime), Asociación de Talleres de Reparación de Automóviles (Atra), Asociación de Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción en General, Aire Comprimido y Afines (Foncalor), Asociación de Instaladores y Reparaciones Eléctricas (Instalectra) e Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa (Feca), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, o día 20-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e

depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funciones e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo de traballo para empresas

do metal sen convenio propio da provincia

de Pontevedra anos 2003, 2004, 2005

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O este convenio regulará as condicións a que se deberán axusta-las relacións económicas e laborais das empresas do metal sen convenio propio da provincia de Pontevedra.

O ámbito funcional será o do sector do metal na provincia de Pontevedra, afectando as empresas e traballadores/as do sector, tanto no proceso de producción como no de transformación nos seus diversos aspectos e almacenamento e comprenderá, así mesmo, aquelas empresas, centros de traballo ou talleres en que se leven a cabo traballos de carácter auxiliar, complementarios ou afíns da industria siderometalúrxica ou tarefas de instalación, montaxe, electricidade, fontanería, talleres de reparación do automóbil, desmantelamentos de automoción e naval, chorreado e pintura de barcos, reparación e montaxe de pneumáticos, así como o de instalacións, conservación e lectura de contadores, industrias de tendidos de liñas eléctricas, industrias de óptica, mecánica de precisión, instalación de telefonía fixa e móbil, fabricación e montaxe de rótulos luminosos, así como a instalación e reparación de equipamentos ofimáticos e os servicios de mantemento industrial e de instalacións subcontratados en

empresas públicas ou privadas.

Estarán igualmente atinxidas todas aquelas actividades, novas ou tradicionais, afíns ou similares ás incluídas nos números anteriores do presente artigo.

Afecta o persoal que actualmente presta servicios nas referidas empresas, así como aquel que ingrese no futuro, tanto nas empresas xa establecidas como nas que no futuro se puidesen establecer na provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio colectivo terá unha vixencia de tres anos entrando en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2003 e finalizando o 31 de decembro de 2005.

Artigo 3º.-Prórroga e denuncia.

Quedará automaticamente denunciado, con 3 meses de anticipación ó seu vencemento, prorrogándose o actual convenio ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse, a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Emprego e contratación

Artigo 6º.-Criterios xerais.

As partes asinantes deste convenio consideran como un obxectivo prioritario o mantemento do emprego e a creación de novos postos de traballo, comprometéndose a propiciar, dentro de marcos negociados, as medidas necesarias para a consecución dese obxectivo no conxunto das empresas do sector.

Artigo 7º.-Contrato de traballo.

1. O contrato de traballo será subscrito entre empresa e traballador por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súa incorporación, consonte calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría na que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e a denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o domicilio da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo en que quede adscrito o traballador, a retribución total anual inicialmente pactada e a expresión e a identificación do convenio colectivo aplicable.

Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores/as.

As empresas notificarán ós representantes legais dos traballadores/as as prórrogas dos contratos de traballo dos que foi entregada copia básica, así como as denuncias correspondentes a estes.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.-Técnicos non titulados: 2 meses.-Administrativos: 1 mes.-Subalternos: 1 mes.-Profesionais de oficio: 1 mes.-Peóns, especialistas e contratos de formación: 2 semanas.

No non regulado aplicarase o disposto no artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

2. Contrato para o fomento da contratación indefinida.

As partes asinantes deste convenio acordan declarar vixente e de aplicación a Lei 63/1997 e 64/1997, do 26 de decembro, que regula estes contratos.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

As partes asinantes deste convenio, en prol dunha maior estabilidade no emprego, acordan fomenta-la

contratación indefinida, establecendo como cadro de persoal fixo mínimo das empresas o 30 por cento da cadro de persoal total para os anos 2003, 2004 e 2005, respectivamente, entendendo por cadro de persoal total a media dos últimos 24 meses.

1. Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas só se poderá concertar cos que estivesen en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos 4 anos, ou de 6 cando o contrato se concerte cun traballador minusválido, seguintes á terminación dos correspondentes estudios.

O posto de traballo será o adecuado á finalidade de facilita-la práctica profesional do traballador, para perfecciona-los seus coñecementos e os adaptar ó nivel de estudios cursados.

A duración non será inferior a 6 meses nin superior a 24.

O período de proba será de 15 días para os traballadores/as en posesión de título de grao medio e 1 mes para os de grao superior.

Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa por tempo superior a 24 meses en virtude da mesma titulación.

A retribución mínima dos traballadores/as contratados baixo esta modalidade será do 70% durante o primeiro ano e do 80% durante o segundo do salario fixado no convenio para un traballador que desempeñe o mesmo ou equivalente posto de traballo.

As empresas acollidas a este convenio poderán realizar esta modalidade de contrato na seguinte contía:

-Ata 5 traballadores/as: 1 contrato en prácticas.

-De 6 a 10 traballadores/as: 2 contratos en prácticas.

-De 11 a 25 traballadores/as: 4 contratos en prácticas.

-De 26 a 40 traballadores/as: 5 contratos en prácticas.

-De 41 a 50 traballadores/as: 6 contratos en prácticas.

-De 51 a 100 traballadores/a: 10 contratos en prácticas.

-De 101 a 250 traballadores/as: 10% do cadro de persoal.

-De 251 a 500 traballadores/as: 8% do cadro de persoal.

-De máis de 500 traballadores/as: 6% do cadro de persoal.

2. Contratos de formación.

Terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado.

Poderán ser obxecto deste contrato os oficios incluídos neste convenio, sen que se poidan formalizar contratos para a formación para categoría inferior á de especialista.

O contrato para a formación terá unha duración máxima de dous anos.

Cando o contrato para a formación se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súa terminación por acordo de ámbalas partes unha ou máis veces, por períodos non inferiores a 6 meses, sen que o tempo acumulado, incluído as prórrogas, poida excede-lo referido prazo máximo. O aviso previo de finalización de contrato deberase axustar ós prazos e forma que indique o convenio.

A idade do traballador estará comprendida entre os 16 e 20 anos inclusive.

O traballador disporá do 15% da súa xornada para a formación teórica.

Esta formación deberá ser impartida polos centros de formación autorizados.

Cada titor non poderá dispor de máis de dous traballadores/as en formación.

A retribución será o S.M.I. para o primeiro ano. Para o segundo será o S.M.I. máis o 10% dese salario. Sempre en proporción ó tempo de traballo efectivo.

A contía máxima para a celebración destes contratos en cada empresa será a mesma que para os contratos en prácticas.

3. Contratos a tempo parcial.

O contrato de traballo entenderase a tempo parcial cando se acordase a prestación de servicios durante un número de horas ó día, á semana, ó mes ou ó ano inferior á xornada de traballo dun traballador/a a xornada completa.

A xornada anual non poderá ser superior ó 85 por cento nin inferior ó 15 por cento da xornada.

A relación de horas complementarias rexerase, en todo caso, polo disposto na Lei 12/2001.

Estes traballadores/as non poderán realizar horas extraordinarias, excepto as motivadas por forza maior de acordo co artigo 35.3º do ET e gozarán dos mesmos dereitos que os traballadores/as a tempo completo.

4. Contratos eventuais de duración determinada por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

Estes contratos, regulados no vixente artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

As empresas metalúrxicas con convenio propio que desexen acollerse ó establecido neste artigo deberán facer unha remisión expresa a el dentro do seu convenio ou a través da súa comisión paritaria.

5. Contrato por obra ou servicio determinado.

No contrato de traballo farase constar, de forma clara e precisa, se o contrato é de obra ou servicio, cunha completa identificación da obra ou servicio para a que se contrata o traballador.

Con carácter xeral será para unha soa obra, con independencia da súa duración, e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador nesa obra.

Artigo 9º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras a execución de obras ou servicios responderán ante os traballadores/as das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores, quedando referido o límite de responsabilidade desa disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada neste convenio.

Sen prexuízo da información sobre previsións en materia de subcontratación a que se refire o artigo 64.1.1º da Lei 12/2001, cando a empresa concerte un contrato de prestación de obras ou servicios cunha empresa contratista ou subcontratista, deberá informar ós representantes legais dos traballadores/as sobre os seguintes extremos:

a) Nome ou razón social, domicilio e número de identificación fiscal da empresa contratista ou subcontratista.

b) Obxecto e duración da contrata.

c) Lugar de execución da contrata.

d) Cando for o caso, o número de traballadores/as que serán ocupados pola contrata ou subcontrata no centro de traballo da empresa principal.

e) Medidas previstas para a coordinación de actividades desde o punto de vista da prevención de riscos laborais.

f) Subrogación de empresas. Alén das garantías establecidas no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, o persoal que preste a súa actividade en forma de contratación en tarefas auxiliares ou de mantemento para entidades públicas ou empresas públicas serán subrogados nesta actividade sempre que a mesma teña continuidade por unha nova empresa subcontratada.

Artigo 10º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio non poderán contrata-los servicios das ETT, excluíndo os supostos de substitución por IT, vacacións e licencias. En calquera dos casos se informará ós representantes legais dos traballadores/as desta situación.

Artigo 11º.-Aviso previo final de contrato.

Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notifica-lo cesamento do traba

llador, por escrito e con 15 días de anticipación á data de finalización ou extinción dos contratos de duración igual ou superior a seis meses.

A empresa entregará ó traballador copia da liquidación con 5 días laborais de anticipación ó cese.

Nas liquidacións que teñan lugar por finalización ou rescisión de contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo que a empresa teña que pagar ós traballadores/as en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución que corresponda ó tempo en que o traballador presta os seus servicios.

Os traballadores/as que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a pólo no seu coñecemento cumprindo os seguintes prazos de aviso previo, para os contratos de duración igual ou superior a seis meses:

-Técnicos: 30 días.

-Empregados e operarios: 15 días.

Artigo 12º.-Indemnizacións contratos non indefinidos.

As empresas acollidas a este convenio aboarán mensualmente ós traballadores/as con contratos non indefinidos, polo concepto de indemnización, unha compensación de eventualidade equivalente ó importe de 20 días por ano traballado. Este importe mensual figura no anexo I deste convenio. En caso de conversión dun contrato eventual en indefinido, sempre que se respecte a antigüidade do traballador, a empresa resarcirase do importe pago por este concepto de común acordo co traballador.

Artigo 13º.-Validación da formación.

Os anos traballados con contrato de formación nunha empresa serán computables para efectos de duración da formación noutra da mesma especialidade, logo de certificación do aproveitamento a expedir pola empresa anterior, ou certificación de capacitación dun centro de formación profesional.

Artigo 14º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.c do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ó traballador ou traballadores/as afectados como á representación dos traballadores/as na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores/as emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de 4 días hábiles.

3. Nas empresas que non teñan representación legal dos traballadores/as, o traballador ou traba

lladores/as afectados poderán facilitar copia da memoria explicativa e da comunicación á central sindical que estimen oportuno, que deberá ser necesariamente unha das asinantes deste convenio. A central sindical poderá, tal como no suposto previsto no parágrafo anterior, e sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo empresarial, emitir informe motivado no prazo de 4 días hábiles sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada.

4. Dos informes ós que se fai referencia nos números 2 e 3 anteriores, darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

5. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

6. A presente cláusula considerarase para tódolos efectos de carácter obrigacional.

Artigo 15º.-Acoso sexual.

Recoñéceselles ós traballadores/as o dereito ó respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual. Considérase acoso sexual a situación na que se produce calquera comportamento verbal, non verbal ou físico non desexado de índole sexual co propósito ou o efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea un ambiente intimidatorio, hostil, degradante, humillante ou ofensivo. O acoso sexual considérase discriminación por razón de sexo e, por tanto, prohíbese. O rexeitamento de tal comportamento por parte dunha persoa ou a súa submisión a el non se poderán utilizar para tomar unha decisión que a afecte.

Artigo 16º.-Pluriemprego.

As empresas afectadas polo este convenio non poderán contratar en réxime de pluriemprego ou xornada reducida os traballadores/as que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 17º.-Clasificación profesional.

Os traballadores/as e traballadoras que presten os seus servicios nas empresas incluídas no ámbito deste convenio serán clasificados tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa, de acordo coas actividades profesionais que desenvolvan e coas definicións que se especifican neste sistema de clasificación profesional.

A clasificación realizarase, en divisións funcionais, grupos profesionais e niveis salariais, por interpretación e aplicación de criterios xerais obxectivos e polas tarefas e funcións básicas máis representativas que desenvolvan os traballadores/as, nos termos que se detallan nas táboas salariais.

No caso de concorrencia nun posto de traballo de tarefas básicas correspondentes a diferentes niveis profesionais, a clasificación realizarase en función das actividades propias do nivel profesional superior. Este criterio de clasificación non suporá que se exclúa nos postos de traballo de cada nivel profesional a realización de tarefas complementarias que sexan básicas para postos cualificados en niveis profesionais inferiores.

Esta nova clasificación profesional pretende alcanzar unha estructura profesional que corresponda directamente coas necesidades das empresas do sector, facilitando unha mellor interpretación de todo o colectivo no desenvolvemento das súas actividades, sen mingua da dignidade, oportunidade de promoción e xusta retribución, sen que caiba discriminación ningunha por razóns de idade, sexo ou de calquera outra índole.

Artigo 18º.-Sistema de clasificación.

Tódolos traballadores/as e traballadoras afectados por este convenio serán adscritos a un determinado grupo profesional e a unha división funcional; a conxunción de ambos establecerá a clasificación organizativa de cada traballador/a. O desempeño das funcións que implica a súa clasificación organizativa constitúe contido primario da relación contractual laboral, debendo ocupar calquera nivel dela, tendo recibido previamente por parte da empresa a formación adecuada ó novo posto e respectándose os procedementos de información e adaptación que se especifiquen neste convenio.

Clasificación profesional.

Grupo profesional 1.

Criterios xerais. Os traballadores/as pertencentes a este grupo teñen a responsabilidade directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na súa elaboración así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Formación. Titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e/ou con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

Correspóndense normalmente co persoal encadrado no número 1 do baremo de bases de cotización á Seguridade Social. Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Técnicos:

Analistas de sistemas (titulación superior).

Arquitectos.

Directores de áreas e servicios.

Enxeñeiros.

Licenciados.

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

1. Supervisión e dirección técnica dun proceso ou sección de fabricación, da totalidade do mesmo, ou dun grupo de servicios ou da totalidade destes.

2. Coordinación, supervisión, ordenación e/ou dirección de traballos heteroxéneos ou do conxunto de actividades dentro dunha área, servicio ou departamento.

3. Responsabilidade e dirección da explotación dun ordenador ou de redes locais de servicios informáticos sobre o conxunto de servicios de procesos de datos en unidades de dimensións medias.

4. Tarefas de dirección técnica de alta complexidade e heteroxeneidade, con elevado nivel de autonomía e iniciativa dentro do seu campo, en funcións de investigación, control de calidade, definición de procesos industriais, administración, asesoría xurídico-laboral e fiscal, etcétera.

5. Tarefas de dirección da xestión comercial con ampla responsabilidade sobre un sector xeográfico delimitado.

6. Tarefas técnicas de moi alta complexidade e polivalencia, co máximo nivel de autonomía e iniciativa dentro do seu campo, podendo implicar asesoramento nas decisións fundamentais da empresa.

7. Funcións consistentes en planificar, ordenar e supervisar unha área, servicio ou departamento dunha empresa de dimensión media, ou en empresas de pequena dimensión, con responsabilidade sobre os resultados dela.

8. Tarefas de análise de sistemas informáticos, consistentes en definir, desenvolver e implanta-los sistemas mecanizados, tanto a nivel físico (hardware) como a nivel lóxico (software).

Grupo profesional 2.

Criterios xerais. Son traballadores/as que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas, con obxectivos globais definidos, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma área funcional.

Formación. Titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completados cunha experiencia dilatada no seu sector profesional. Eventualmente poderán ter estudios universitarios de grao superior e asimilarse ós postos definidos neste grupo, titulados superiores de entrada.

Normalmente comprenderá as categorías encadradas no número 2 do baremo das bases de cotización

á Seguridade Social e, eventualmente, o número 1 de cara a cubri-los titulados superiores de entrada.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Técnicos:

Titulados superiores de entrada (1).

(1) Titulados superiores de entrada: agrupa a titulados superiores e licenciados en xeral, de entrada, que independentemente do tipo de contrato formalizado (fixo, en prácticas, etc.) non dispoñen de experiencia previa en empresas, sendo necesario un período de adaptación para cumpri-los criterios xerais requiridos para a súa clasificación no grupo profesional 1.

ATS.

Arquitectos técnicos (aparelladores).

Enxeñeiros técnicos (peritos).

Graduados sociais.

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

1. Funcións que supoñen a responsabilidade de ordenar, coordinar e supervisa-la execución de tarefas heteroxéneas de producción, comercialización, mantemento, administración, servicios, etc., ou en calquera agrupación delas, cando as dimensións da empresa aconsellen tales agrupacións.

2. Tarefas de alto contido técnico consistentes en prestar soporte, con autonomía media e baixo directrices e normas que non delimitan totalmente a forma de proceder en funcións de investigación, control de calidade, vixilancia e control de procesos industriais, etcétera.

3. Actividades e tarefas propias de ATS, realizando curas, levando o control de baixas de incapacidade laboral transitoria e accidentes, estudios audiométricos, vacinacións, estudios estatísticos de accidentes, etcétera.

4. Actividades de graduado social consistentes en funcións de organización, control, asesoramento ou mando en orde á admisión, clasificación, axuste, instrucción, economato, comedores, previsión do persoal, etcétera.

Grupo profesional 3.

Criterios xerais. Son aqueles traballadores/as que, con ou sen responsabilidade de mando, realizan tarefas cun contido medio de actividade intelectual e de interrelación humana, nun marco de instruccións precisas de complexidade técnica media, con autonomía dentro do proceso. Realizan funcións que supoñen a integración, coordinación e supervisión de tarefas homoxéneas, realizadas por un conxunto de colaboradores, nun estadio organizativo menor.

Formación. Titulación de grao medio, técnico especialista de segundo grao e/ou con experiencia dilatada no posto de traballo.

Normalmente comprenderá as categorías encadradas no baremo número 3 das bases de cotización á Seguridade Social.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Técnicos:

Analista programador.

Delineante proxectista.

Debuxante proxectista.

Xefes de áreas e servicios.

Empregados:

Xefes de áreas e servicios.

Operarios:

Contramestre.

Xefe de taller (form. cualificada).

Mestre industrial.

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

1. Tarefas técnicas que consisten no exercicio do mando directo ó fronte dun conxunto de operarios de oficio ou de procesos productivos en instalacións principais (siderurxia, electrónica, automoción, instrumentación, montaxe ou soldadura, albanelería, carpintería, electricidade, etc.).

2. Tarefas técnicas de codificación de programas de ordenador na linguaxe apropiada, verificando a súa correcta execución e documentándoos adecuadamente.

3. Tarefas técnicas que consisten na ordenación de tarefas e de postos de traballo dunha unidade completa de producción.

4. Actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poidan ser secundadas por un ou varios traballadores do grupo profesional inferior.

5. Tarefas técnicas de inspección, supervisión ou xestión da rede de vendas.

6. Tarefas técnicas de dirección e supervisión na área de contabilidade, consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes, confeccionar estados, balances, custos, provisorios de tesourería e outros traballos análogos conforme o plan contable da empresa.

7. Tarefas técnicas consistentes en contribuír ó desenvolvemento dun proxecto que redacta un técnico (enxeñeiro, aparellador, etc.) aplicando a normalización, realizando o cálculo de detalle, confeccionando planos a partir de datos facilitados por un mando superior.

8. Tarefas técnicas administrativas de organización ou de laboratorio de execución práctica, que supoñen a supervisión segundo normas recibidas dun mando superior.

9. Tarefas técnicas administrativas ou de organización de xestión de compra de aprovisionamento e bens convencionais de pequena complexidade ou de aprovisionamento de bens complexos.

10. Tarefas técnicas de dirección de I + D de proxectos completos segundo instruccións facilitadas por un mando superior.

11. Tarefas técnicas, administrativas ou de organización, que consisten no mantemento preventivo ou correctivo de sistemas robotizados que implican amplos coñecementos integrados de electrónica, hidráulica e lóxica pneumática, implicando a responsabilidade de pronta intervención dentro do proceso productivo.

12. Tarefas técnicas de toda clase de proxectos, reproduccións ou detalles baixo a dirección dun mando superior, ordenando, vixiando e dirixindo a súa execución práctica, podendo dirixir montaxes, levantar planos topográficos, etcétera.

13. Tarefas técnicas de xestión comercial con responsabilidade sobre un sector xeográfico delimitado e/ou unha gama específica de productos.

Grupo profesional 4.

Criterios xerais. Aqueles traballadores/as que realizan traballos de execución autónoma que esixan habitualmente iniciativa e razoamento por parte dos traballadores e traballadoras encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade delas.

Formación. Bacharelato, BUP ou equivalente ou técnico especialista (módulos de nivel 3), complementada con formación no posto de traballo ou coñecementos adquiridos no desempeño da profesión.

Normalmente comprenderá as categorías encadradas nos baremos números 4 e 8 das bases de cotización á Seguridade Social.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Empregados:

Delineantes de 1.ª

Técnicos administrativos.

Técnicos laboratorio.

Técnicos organización.

Operarios:

Encargados.

Profesional de oficio especial (gran empresa).

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

1. Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos á vista de ofertas recibidas, recepción e tramitación de pedidos e propostas de contestación.

2. Tarefas que consisten en establecer, con base en documentos contables, unha parte da contabilidade.

3. Tarefas de análise e determinacións de laboratorio realizadas baixo supervisión, sen que sexa necesario sempre indicar normas e especificacións, implicando preparación dos elementos necesarios, obtención de mostras e extensión de certificados e boletíns de análise.

4. Tarefas de delineación de proxectos sinxelos, levantamento de planos de conxunto e detalle, partindo de información recibida e realizando os tenteos necesarios á vez que proporcionando as solucións requiridas.

5. Tarefas de I + D de proxectos completos segundo instruccións.

6. Tarefas que supoñen a supervisión segundo normas xerais recibidas dun mando inmediato superior da execución práctica das tarefas no taller, laboratorio ou oficina.

7. Tarefas de xestión de compras de aprovisionamentos e bens convencionais de pequena complexidade ou de aprovisionamento de bens complexos sen autoridade sobre eles.

8. Tarefas que consisten no mantemento preventivo e correctivo de sistemas robotizados que implican suficientes coñecementos integrados de electrónica, hidráulica e lóxica pneumática, implicando a responsabilidade correspondente dentro do proceso productivo.

9. Tarefas de codificación de programas de ordenador e instalación de paquetes informáticos baixo instruccións directas do analista da explotación de aplicación informática.

10. Tarefas de venda e comercialización de productos de complexidade e valor unitario.

11. Tarefas de traducción, corresponsalía, taquimecanografía e atención de comunicacións persoais con suficiente dominio dun idioma estranxeiro e alta confidencialidade.

12. Tarefas de regulación automática elixindo o programa adecuado, introducindo as variantes precisas en instalacións de producción, centralizadas ou non, levando o control a través dos medios adecuados (terminais, microordenadores, etc.).

13. Exercer mando directo á fronte dun conxunto de operarios/as que recepcionan a producción, a clasifican, almacenan e expiden, levando o control dos materiais, así como da utilización das máquinas-vehículo de que se dispón.

14. Exercer mando directo á fronte dun conxunto de operarios/as que realizan os labores auxiliares da liña principal de producción, abastecendo e preparando materias, equipamentos, ferramentas, evacuacións, etc., realizando o control das máquinas e vehículos que se utilizan.

15. Exercer mando directo á fronte dun conxunto de operarios dentro dunha fase intermedia ou zona xeograficamente delimitada nunha liña do proceso de producción ou montaxe, coordinando e controlando as operacións inherentes ó proceso productivo

da fase correspondente, realizando o control da instalación e materiais que se utilizan.

16. Realizar inspeccións de toda clase de pezas, máquinas, estructuras, materiais e recambios, tanto durante o proceso como despois de terminadas, na propia empresa, segundo planos, tolerancias, composicións, aspecto, normas e utilización con alto grao de decisión na aceptación, realizando informes onde se expoñen os resultados igualmente das recibidas do exterior.

Grupo profesional 5.

Criterios xerais. Tarefas que se executan baixo dependencia de mandos ou de profesionais de máis alta cualificación dentro do esquema de cada empresa, normalmente con alto grao de supervisión, pero con certos coñecementos profesionais, cun período intermedio de adaptación.

Formación. Coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión ou escolares sen titulación ou de técnico auxiliar (módulos de nivel 2) con formación específica no posto de traballo ou coñecementos adquiridos no desempeño da profesión.

Normalmente comprenderá as categorías encadradas nos baremos números 5 e 8, das bases de cotización á Seguridade Social.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Operarios:

Chofer de camión.

Xefe ou encargado (pequeno taller).

Xefes de grupo e capataces.

Profesionais de oficio de 1ª e 2ª.

Profesional siderúrxico de lª e 2ª.

Persoal de diques e buques (2).

(2) Categorías persoal diques e peiraos: o persoal clasificado pola antiga ordenanza no subgrupo de técnicos de diques e peiraos, como son o caso dos escafandristas, mergulladores etc., quedarían encadrados no grupo profesional 5 da actual clasificación profesional.

Empregados:

Caixeiro.

Delineante de 2ª.

Oficiais administrativos de 1ª e 2ª.

Viaxante.

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Tarefas administrativas desenvolvidas con utilización de aplicacións informáticas.

2. Tarefas elementais de cálculo de salarios, valoración de custos, funcións de cobramento e pagamento, etc., dependendo e executando directamente as ordes dun mando superior.

3. Tarefas de electrónica, siderurxia, automoción, instrumentación, montaxe ou soldadura, albanelería, carpintería, electricidade, pintura, mecánica, etc., con capacitación suficiente para resolver tódolos requisitos do seu oficio ou responsabilidade.

4. Tarefas de control e regulación dos procesos de producción que xeran transformación de producto.

5. Tarefas de venda e comercialización de productos de reducido valor unitario e/ou tan pouca complexidade que non requiran dunha especialización técnica distinta da propia demostración, comunicación de prezos e condicións de crédito e entrega, tramitación de pedidos, etcétera.

6. Tarefas de preparación ou operacións en máquinas convencionais que implique o autocontrol do producto elaborado.

7. Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares que requiran algún grao de iniciativa.

8. Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercancías e distribución con rexistro en libros ou mecánicas, para o efecto de movemento diario.

9. Tarefas de lectura, anotación e control, baixo instruccións detalladas, dos procesos industriais ou o fornecemento de servicios xerais de fabricación.

10. Tarefas de mecanografía, con boa presentación de traballo e ortografía correcta e velocidade adecuada que poden levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato e instruccións específicas, podendo utilizar paquetes informáticos como procesadores de textos ou similares.

11. Tarefas elementais de delineación de debuxo, calcos ou litografías que prepararon outros, así como cálculos sinxelos.

12. Exercer mando directo á fronte dun conxunto de operarios/as en traballo de carga e descarga, limpeza, acondicionamento, movemento de terras, realización de gabias, etc., xeralmente de tipo manual ou con máquinas, incluíndo procesos productivos.

13. Controla-la calidade da producción ou a montaxe, realizando inspeccións e reclasificacións visuais ou cos correspondentes aparellos, decidindo sobre o rexeitamento con base en normas fixadas, reflectindo en partes ou a través de cadro de persoal os resultados da inspección.

14. Toma de datos de procesos de producción, referentes a temperaturas, humidades, aliaxes, duración de ciclos, porcentaxes de materias primas, desgastes de utensilios, defectos, anormalidades, etc., reflectindo en partes ou a través do cadro de persoal tódolos datos segundo código para o efecto.

15. Realizar agrupacións de datos, resumos, estatísticas, cadros, seguimentos, histogramas, certificacións, etc., con datos fornecidos por outros que os toman directamente con base en normas xeralmente precisas.

Grupo profesional 6.

Criterios xerais. Tarefas que se executen cun alto grao de dependencia, claramente establecidas, con instruccións específicas. Poden requirir preferentemente esforzo físico, con escasa formación ou coñecementos moi elementais e que ocasionalmente poden necesitar dun pequeno período de adaptación.

Formación. A dos niveis básicos obrigatorios e nalgún caso de iniciación para tarefas de oficina. Ensino secundario obrigatorio (ESO) ou técnico auxiliar (módulo de nivel 2), así como coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión.

Normalmente comprenderá as categorías encadradas nos baremos números 6, 7 e 9 das bases de cotización á Seguridade Social.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Operarios:

Chofer de turismo.

Conductor de máquina.

Especialista.

Profesional de oficio de 3ª.

Profesional siderúrxico de 3ª.

Empregados:

Almaceneiro.

Auxiliares en xeral.

Camareiro.

Cociñeiro.

Conserxe.

Dependente.

Listeiro.

Operador de ordenador.

Pesador-basculeiro.

Telefonista.

As categorías que esixen título ou autorización (gardas xurados) poderían xustificar outro encadramento, polo que quedarán por dobre motivo, pendentes da negociación que se desenvolva en ámbitos inferiores.

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Actividades sinxelas, que esixan regulación e posta a punto ou manexo de cadros, indicadores e paneis non automáticos.

2. Tarefas de electrónica, siderurxia, automoción, instrumentación, montaxe ou soldadura, albanelería, carpintería, electricidade, mecánica, pintura, etcétera.

3. Tarefas elementais en laboratorio.

4. Tarefas de control de accesos a edificios e locais sen requisitos especiais nin arma.

5. Tarefas de recepción que non esixan cualificación especial ou coñecemento de idiomas. Telefonista e/ou recepcionista.

6. Traballos de reprografía en xeral. Reproducción e calco de planos.

7. Traballos sinxelos e rutineiros de mecanografía, arquivo, cálculo, facturación ou similares de administración.

8. Realización de análises sinxelas e rutineiras de fácil comprobación, funcións de toma e preparación de mostra para análise.

9. Tarefas de axuste de series de aparellos, construcción de forma de cable sen trazo de molde, montaxe elemental de series de conxuntos elementais, verificación de soldaduras de conexión.

10. Tarefas de verificación consistentes na comprobación visual e/ou mediante patróns de medición directa xa establecidos da calidade dos compoñentes e elementos simples en procesos de montaxe e acabamento de conxuntos e subconxuntos, limitándose a indica-la súa adecuación ou inadecuación a eses patróns.

11. Traballos de vixilancia e regulación de máquinas estáticas en desprazamentos de materiais (fitas transportadoras e similares).

12. Realizar traballos en máquinas ferramenta preparadas por outro seguindo instruccións simples e/ou esbozos sinxelos.

13. Realizar traballos de corte, quecemento, rebarbadura e escarpadura ou outros análogos, utilizando sopretes, martelos pneumáticos, etcétera.

14. Tarefas de transporte e paletización realizadas con elementos mecánicos.

15. Tarefas de operación de equipos, télex ou facsímile.

16. Tarefas de gravación de datos en sistemas informáticos.

17. Conducción con permiso adecuado, entendendo que pode combinarse esta actividade con outras actividades conexas.

18. Conducción de máquinas pesadas autopropulsadas ou suspendidas en baleiro, de elevación, carga, arrastre, etc. (locomotoras, tractores, pás, empurradoras, guindastres-ponte, guindastres de pórtico, carretillos, etc.).

Grupo profesional 7.

Criterios xerais. Estarán incluídos aqueles traballadores/as que realicen tarefas que se executen segundo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiran preferentemente esforzo físico e/ou atención e que non necesitan de formación específica nin período de adaptación.

Formación. Ensino secundario obrigatorio (ESO) ou certificado de escolaridade ou equivalente.

Comprenderá as categorías encadradas nos baremos números 6, 10, 11 e 12 das bases de cotización á Seguridade Social.

Comprende, a título orientativo, as seguintes categorías:

Empregados:

Ordenanza.

Porteiro.

Operarios:

Peón.

Aprendiz de dezaseis anos.

Aprendiz de dezasete anos.

Aprendiz maior de dezaoito anos (1º, 2º e 3º ano).

Tarefas:

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense a título enunciativo todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

1. Tarefas manuais.

2. Operacións elementais con máquinas sinxelas, entendendo por tales aquelas que non requiran adestramento e coñecementos específicos.

3. Tarefas de carga e descarga, manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

4. Tarefas de fornecemento de materiais no proceso productivo.

5. Tarefas que consisten en efectuar recados, encargos, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

6. Tarefas de tipo manual que levan consigo o aproveitamento e evacuación de materias primas elaboradas ou semielaboradas, así como os utensilios necesarios en calquera proceso productivo.

7. Tarefas de recepción, ordenación, distribución de mercadorías e xéneros, sen risco de que se movan.

8. Tarefas de axuda en máquinas-vehículo.

9. Tarefas de aprendizaxe consistentes na adquisición dos coñecementos prácticos e de formación necesarios para o desempeño dun oficio ou un posto de traballo cualificado.

Artigo 19º.-Comisión paritaria de clasificación profesional.

Debido a que a implantación deste sistema de clasificación profesional supón unha alteración substancial dos anteriores métodos baseados en categorías profesionais, acórdase mante-la comisión técnica paritaria, integrada por 6 representantes dos empresarios e 6 dos traballadores/as, coa misión, durante a vixencia deste convenio, de vixilancia e asesoramento do cumprimento do acordo; así mesmo, actuará emitindo informes sobre desacordos en materias da súa competencia, a requirimento das partes. Tal acordo sobre clasificación profesional incorpórase ó texto do vixente convenio colectivo no artigo 18º.

Capítulo IV

Mobilidade funcional e xeográfica

Artigo 20º.-Concepto e principios xerais.

Considérase mobilidade funcional calquera cambio de funcións e tarefas previamente encomendadas

e realizadas polo traballador, dentro do centro de traballo ó que estea adscrito.

Un límite específico á aplicación da mobilidade funcional constitúeo a necesidade de titulación académica ou profesional, así como calquera outro permiso, licencia ou habilitación esixido pola lexislación para o exercicio dunha determinada profesión ou función.

Así tamén, en calquera suposto de mobilidade funcional que afectase cambios de profesión, oficio ou especialidade e aínda cando para o seu desempeño non fose preceptiva a habilitación mediante permiso, licencia ou título, senón que esta se adquiriu mediante a experiencia, farase preceptivo o acordo entre as partes.

En calquera dos supostos de mobilidade funcional as direccións das empresas deberán garantir, con carácter previo ó cambio, os coñecementos, habilidades ou reciclaxe necesarios que faciliten ou fornezan ós traballadores/as afectados a suficiente adecuación e aptitude para o desempeño das novas tarefas e funcións asignadas.

A aplicación da mobilidade funcional deberase facer salvagardando o principio xeral de boa fe contractual, así como o principio específico de igualdade e non discriminación nas relacións laborais.

Así mesmo, a mobilización producirase sen mingua da dignidade dos traballadores/as e sen prexuízo dos seus dereitos profesionais e económicos.

Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo sobrevido ou de falta de adaptación nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia da mobilidade funcional.

Sempre que sexa posible, a aplicación da mobilidade funcional se fará respectando a voluntariedade dos traballadores/as.

Sendo a mobilidade funcional materia esencial das condicións de prestación do traballo, para a súa correcta aplicación faise precisa en todo momento a participación dos representantes legais dos traballadores/as, nos termos que se indican neste convenio.

Artigo 21º.-Clases de mobilidade funcional.

A mobilidade funcional pode ser de tres clases:

1. Mobilidade funcional vertical. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas traspasan os límites do grupo profesional de pertenza do traballador, pero non así a división funcional ó que está adscrito.

Dentro desta clase de mobilidade hai dúas variantes:

-A mobilidade vertical ascendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas ó traballador corresponden a un grupo profesional de nivel superior, sen altera-la división funcional de pertenza.

-A mobilidade vertical descendente prodúcese cando as novas tarefas e funcións encomendadas corresponden a un grupo profesional de nivel inferior, sen altera-la división funcional de pertenza.

2. Mobilidade funcional horizontal. É aquela que implica o cambio de división funcional de adscrición previa do traballador.

3. Mobilidade funcional ordinaria. É aquela que ten lugar cando os cambios de funcións e tarefas se producen dentro dos límites do encadramento profesional do traballador; isto é, a súa pertenza a un grupo profesional e unha división funcional determinados.

Artigo 22º.-Mobilidade funcional vertical.

1. En caso de mobilidade funcional vertical ascendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas de carácter temporal, entendéndose por tales as non superiores a seis meses (salvo en caso de substitución por IT, servicio militar, prestación social substitutoria ou excedencia) as direccións das empresas poderán destina-los traballadores/as á realización de tarefas dun grupo profesional de nivel superior, dentro da mesma división funcional.

Sempre que as direccións das empresas teñan necesidade de facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional notificaranse os cambios simultaneamente ós traballadores/as afectados e á súa representación legal.

Esta notificación, ó menos, deberá incluír:

-Unha descrición xustificativa das causas que motivan os cambios.

-A identificación dos traballadores/as afectados.

-A duración estimada da mobilidade.

Neste sentido, as direccións das empresas terán en conta as opinións e suxestións da representación legal dos traballadores/as respecto ós cambios propostos.

Se o cambio de grupo profesional supón retribucións superiores, os traballadores/as afectados percibirán as do posto de destino.

En caso de que o cambio de posto supere os seis meses nun ano ou os oito meses en dous anos -salvo que estea fundado en motivos de substitución por IT, servicio militar, prestación social substitutoria ou excedencia - o traballador poderá, por vontade propia, continuar a realizar estes traballos ou volver ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente.

En todo caso, sexa cal for o tempo de duración da mobilización e a causa que a xerou, recoñecerase e valorarase, para efectos de promoción profesional e nos termos que se acorde, o mérito que supón a ocupación de funcións de tarefas de grupos profesionais de nivel superior.

2. En caso de mobilidade funcional vertical descendente.

Por razóns organizativas, técnicas ou productivas -xustificadas en razóns perentorias ou imprevisibles da actividade productiva- as direccións das empresas poderán destina-los traballadores/as á realización de funcións ou tarefas dun grupo profesional de nivel inferior.

A adscrición a este tipo de funcións e tarefas farase polo tempo imprescindible para a súa atención que, en todo caso, non deberá excede-los tres meses. Transcorrido este período de tempo o traballador será reincorporado ó posto de orixe.

Sempre que as direccións das empresas encontren imprescindible facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será necesaria a comunicación coa representación legal dos traballadores/as.

Para isto, a dirección empresarial notificará a intención dos cambios simultaneamente ós traballadores/as afectados e á súa representación legal, nos mesmos termos previstos no número anterior. En todo caso, sempre se valorarán os tempos de permanencia en postos correspondentes a grupos profesionais de nivel inferior para o caso de futuras necesidades deste tipo, establecendo unha repartición equitativa entre os distintos traballadores/as cando xurda o requirimento deste tipo de mobilidade.

Os traballadores/as afectados por esta clase de mobilidade funcional percibirán as retribucións propias do posto e grupo profesional de orixe.

Artigo 23º.-Mobilidade funcional horizontal.

Por xustificadas razóns organizativas, técnicas ou productivas, as direccións das empresas poderán destina-los traballadores/as á realización de funcións ou tarefas dunha división funcional distinta á de pertenza previa, sen variación do grupo profesional.

Tratándose dunha modificación substancial das condicións de traballo (artigo 41 ET), sempre que as direccións das empresas encontren e xustifiquen necesario facer uso da aplicación deste tipo de mobilidade funcional será preceptiva a comunicación á representación legal dos traballadores/as.

Para isto, a dirección empresarial notificará os cambios previstos simultaneamente ós traballadores/as afectados e á súa representación legal nos mesmos termos que figuran nos números anteriores.

Será, así mesmo, neste proceso de negociación e acordo onde se fixará o alcance temporal (indefinido ou limitado) dos cambios propostos e as consecuencias que isto entrañe.

Igualmente, estableceranse a reciclaxe ou formación necesaria e os períodos de adaptación ás novas funcións e tarefas.

En calquera caso, garantirase o mantemento das retribucións que as persoas afectadas viñesen percibindo nos seus anteriores postos, en caso de estas seren superiores ás do posto de destino. Se as retri

bucións do posto de destino fosen superiores, os traballadores/as afectados percibirán as do novo posto.

No caso de que o cambio de área funcional signifique un cambio de grupo profesional (mobilidade vertical), para estes últimos rexerán, ademais, as normas previstas neste convenio para estes supostos.

Artigo 24º.-Mobilidade funcional ordinaria.

Aínda cando, dun modo xeral e atendéndose ó previsto neste acordo, os casos de mobilidade funcional ordinaria non deberán ser necesaria e preceptivamente acordados coa representación legal dos traballadores/as -salvo no caso de soportaren algunha modificación substancial das condicións de traballosi se fai necesario que a dita representación estea sempre puntualmente informada dos cambios, podendo intervir naqueles casos en que considere necesario facelo.

Unha excepción a isto constitúeo a posibilidade de aplica-la mobilidade funcional ordinaria naqueles casos en que os cambios propostos superen o precepto ó que indirectamente se refire o artigo 22.1º ET cando define o concepto de categoría profesional equivalente. Isto é, cando os cambios de funcións e tarefas que leve consigo a aplicación da mobilidade funcional ordinaria exceda do concepto de equivalencia (cando a aptitude profesional necesaria para o desempeño das funcións propias dun posto permita desenvolve-las funcións básicas do segundo, logo de realización, se isto é necesario, de procesos simples de formación ou adaptación). En tal suposto, a aplicación da mobilidade funcional ordinaria estará suxeita á comunicación coa representación legal dos traballadores/as.

Artigo 25º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica, no ámbito deste convenio, afecta os seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 26º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar distinto do seu centro habitual de traballo.

As empresas poderán despraza-los seus traballadores/as ata o límite máximo dun ano.

As empresas designarán libremente os traballadores/as que se deban desprazar cando o destino non esixa pernoitar fóra da casa ou cando, existindo esta circunstancia, non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pernoitar fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, as empresas proporán o desprazamento ós traballadores/as que coiden idóneos para realizaren o traballo e, no suposto de que por este procedemento non se cubrisen os postos, procederá á súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocu

paren as prazas, observando as seguintes preferencias para non ser desprazado:

a) Representantes legais dos traballadores/as.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

As empresas que desexen realizar algún dos desprazamentos superiores a tres meses que obriguen o traballador a pernoitar fóra do seu domicilio, deberano avisar ós afectados con, polo menos, 5 días laborables de anticipación.

En calquera caso, os avisos previos deberán realizarse por escrito.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan ó traballador pernoitar no seu domicilio, as empresas e os afectados convirán libremente as fórmulas para os traballadores/as poderen regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención daos viaxes de ida e regreso en todos ou parte dos fins de semana, adecuación das xornadas de traballo para facilitar periódicas visitas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención do desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non se chegar a acordo nesta materia, observarase o disposto no artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de 4 días laborables de estadía no seu domicilio de orixe por cada 3 meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe, os gastos do cal correrán a cargo do empresario.

Por acordo individual, poderase pacta-la acumulación destes días engadíndose, mesmo, ás vacacións anuais.

Cando o desprazamento supere os nove meses de duración, o importe que se aboe en concepto de axudas de custo deberase entender neto.

Os traballadores/as que sexan desprazados a distancias superiores a 200 km serán compensados a maiores co valor do 20% da axuda de custo diaria establecida en convenio.

No caso de que o desprazamento sexa fóra da Península Ibérica, esta compensación será do 50% da axuda de custo diaria establecida en convenio.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñese percibindo, ás axudas de custo e gastos de viaxe que proceda.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa tivese o traballador de desprazarse a presta-lo seu labor noutros centros de traballo, o tempo investido no desprazamento deberá coincidir dentro da xornada establecida.

Se como consecuencia do desprazamento houbese que inicia-la viaxe antes de dar comezo á súa xornada, ou se como consecuencia do regreso ó seu punto de partida este se producise unha vez excedida a hora oficial de terminación da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

Artigo 27º.-Traslados.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto de aquel en que viña prestando os seus servicios, e que requira cambio da súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá, de acordo co traballador, proceder a trasladalo a un centro de traballo distinto con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado con, polo menos, 30 días de anticipación por escrito.

Neste suposto se devengarán os gastos de viaxe do traballador e a súa familia, os gastos de traslado de mobles e enxoval da casa e cinco axudas de custo por cada persoa que viaxa dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

No caso de traslados a distancias superiores de 200 km, os traballadores trasladados percibirán unha compensación equivalente ó 5% das súas percepcións anuais brutas en xornada ordinaria no momento de realizarse o cambio de centro, outro 5% ó comeza-lo segundo ano de traslado, e a mesma porcentaxe ó comezo do terceiro ano de traslado. As compensacións calcularanse sobre a base inicial.

No caso de traslados fóra da Península Ibérica, os traballadores trasladados percibirán unha compensación equivalente ó 10% das súas percepcións anuais brutas en xornada ordinaria no momento de realizarse o cambio de centro, outro 10% ó comeza-lo segundo ano de traslado, e a mesma porcentaxe ó comezo do terceiro ano de traslado. As compensacións calcularanse sobre a base inicial.

Capítulo V

Tempo de traballo

Artigo 28º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, equivalentes a 1.776 horas efectivas en cómputo anual.

Os días 24 e 31 de decembro terán a consideración de non laborables, compensados polo exceso de días do cómputo da xornada.

Durante a vixencia do convenio, os días que excedan da xornada anual, as empresas deberán acordar, antes do día 15 de xuño de cada ano, o seu desfrute nas datas que pacten cos representantes dos traballadores/as.

O traballador deberá encontrarse en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo do seu centro de traballo, coa súa correspondente indumentaria, ó toque de sirena ou outro sistema establecido, sen prexuízo do regulado na disposición adicional cuarta, que será de aplicación en todo caso.

A dita xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e finalización deste, e non polo concepto de entrada e saída da factoría.

A fixación do horario de traballo será facultade da dirección da empresa, razoando o seu establecemento co comité ou delegados de persoal ou cos traballadores/as, prevalecendo o criterio que supoña unha reducción de custos, aumento de vendas, ou ben favoreza as necesidades estacionais da producción.

Tódalas empresas afectadas por este convenio distribuirán preferentemente a súa xornada laboral de luns a venres, con excepción daquelas que tivesen establecido a xornada continuada de luns a sábado.

Garantiráselles como mínimo a tódolos traballadores/as 26 días laborables de descanso ó ano, incluídas vacacións, para o ano 2003.

A comisión paritaria establecerá o número de días laborables de descanso correspondentes ós anos 2004 e 2005.

Artigo 29º.-Festivos.

Para 2003, 2004 e 2005 establécense como máximo os días festivos que con carácter nacional e local fixe o calendario publicado no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e o BOP de Pontevedra. Observarase en todo momento o disposto pola autoridade laboral.

Artigo 30º.-Calendario laboral e horario de traballo.

Dentro dos primeiros 30 días do ano a empresa exporá en cada centro de traballo o calendario laboral pactado, que deberá conte-lo horario de traballo diario, xornadas, días de descanso e festivos correspondentes a cada ano natural, sen prexuízo do establecido no artigo 28º para os días de exceso de xornada anual.

Artigo 31º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ininterrompidos e desfrutaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Non obstante, se por causas conxunturais ou outras circunstancias a empresa se vise obrigada a paraliza-la producción, ben por avarías ou por falta de abastecemento de materias primas, orixinado todo isto por forza maior, a empresa poderá determina-la data do período de vacacións, logo de acordo cos representantes legais dos traballadores/as.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa con, polo menos, dous meses de anticipación ó seu desfrute e, en todo caso, sempre antes do día 15 de xuño, para coñecemento dos traballadores/as.

O aboamento das vacacións realizarase ó seu inicio.

O aboamento das vacacións será a media obtida polo traballador en salarios, primas e antigüidade nos tres meses anteriores traballados.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade temporal terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do final do ano natural.

O empresario poderá excluír como período de vacacións aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo do acordo cos representantes legais dos traballadores/as.

Capítulo VI

Licencias, excedencias e xubilacións

Artigo 32º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de casamento do traballador/a.

b) Tres días laborais en caso de nacemento de fillo, adopción ou acollemento.

c) Quince días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos.

c1) Cinco días naturais no suposto de falecemento dos pais.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos.

e) Dous días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas de maneira fidedigna.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia á consulta médica de especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co de traballo, se prescriba a consulta do facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña verbo da duración da ausencia e da súa compensación económica.

i) Un día natural en caso de casamento de fillos ou irmáns.

j) Un día natural en caso de falecemento de tíos en grao de consanguinidade co traballador.

No suposto c), se o traballador precisase desprazarse a unha distancia superior a 150 km, concederáselle un día natural máis.

Nos supostos d) e e), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra de Galicia, concederánselle dous días naturais máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, as empresas deberán conceder un permiso sen retribuír ata un período de 10 días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Todo o anteriormente exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito acreditadas de maneira que faga fe acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

Artigo 33º.-Suspensión con reserva do posto de traballo.

A suspensión afectará, en aplicación do número 1.d) do ET, os seguintes supostos:

Maternidade: risco durante o embarazo da muller traballadora e adopción ou acollemento preadoptivo ou permanente de menores de seis anos.

Será de aplicación o establecido no número 4 do artigo 48 do ET para suspensións por nacementos, adopción ou acollemento e o establecido no número 5 do artigo 48 do ET para suspensións por riscos durante o embarazo. Neste caso, a empresa complementará ata o 100% da base reguladora da prestación.

Artigo 34º.-Reducción da xornada por motivos familiares.

a) Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de ambos traballaren.

b) Reducción de xornada por garda legal de menores e outros supostos :

En aplicación do artigo 37.5º do ET quen por razóns de guarda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada contemplada no presente número constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simul

táneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do período de lactación e da reducción de xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderá ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisa-lo empresario con 15 días de anticipación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 35º.-Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores/as cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de se situaren en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito soamente poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data de nacemento ou, se for o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia non superior a un ano os traballadores/as para atender ó coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A dita excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante der dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin ó que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo.

Artigo 36º.-Excedencias.

1. Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fixer transcorrido este prazo.

2. Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada á empresa cun mes de anticipación como mínimo á data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores/as cun mes de anticipación á data de finalización do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e as empresas estarán obrigadas a avisar da recepción do escrito.

Notificada a reincorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 37º.-Xubilación parcial.

1. Ó abeiro do artigo 166.2º da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6º do ET, recoñéceselles ós traballadores/as e traballadoras o dereito subxectivo de solicitaren da empresa a xubilación parcial e a reducción de xornada no límite máximo legalmente previsto do 85% cando reúnan os requisitos legalmente establecidos e, en especial, o de idade, que non poderá ser inferior ós sesenta anos.

2. A solicitude deberáselle remitir á empresa cunha anticipación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial, salvo no caso do persoal encadrado nos grupos I, II, III e IV do convenio nos que o aviso previo será de seis meses. A empresa estudiará a solicitude de boa fe coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, dará resposta nun prazo máximo de trinta días. No caso de discrepancias entre as partes, remitirase a cuestión á comisión paritaria, que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de trinta días.

3. O 15% da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e a xornada completa. Aínda cando a empresa poderá optar por retribuír sen esixir en troca a prestación efectiva de servicios e sen prexuízo da aplicación da seguinte escala de bonificacións:

1. Con trinta anos ou máis de antigüidade na empresa, recoñécese unha dispensa absoluta do traballo.

2. Con vinte anos de antigüidade na empresa e ata trinta, recoñécese unha dispensa do 75% do traballo.

3. Con dez anos de antigüidade na empresa e ata vinte, recoñécese unha dispensa do 50% do traballo.

4. Todo isto sen prexuízo do acordo ó que poida chega-lo traballador ou traballadora e a empresa.

5. Ata que o traballador ou traballadora xubilados parcialmente cheguen á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter un contrato de revezamento nos termos previstos no artigo 12.6º do ET.

Artigo 38º.-Xubilación anticipada.

As empresas e traballadores/as poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e a Lei 63 e 64/1997, do 26 de decembro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores/as desempregados e inscritos na oficina de emprego como tales.

Artigo 39º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores/as que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Capítulo VII

Seguranza e hixiene, saúde laboral

Artigo 40º.-Seguranza e hixiene no traballo.

No prazo máximo de tres meses a partir da sinatura deste convenio crearase unha comisión sectorial interprofesional de prevención de riscos laborais con carácter de paritaria, que estará integrada por representantes designados pola asociacións empresariais participantes neste convenio e polos sindicatos, en número de 12 membros, 6 pola parte empresarial e 6 polos sindicatos. Esta comisión terá, entre outras funcións, as seguintes:

1) Promover entre os empresarios e traballadores/as do sector do metal comprendidos neste convenio unha adecuada formación e información en temas de prevención de riscos no traballo e concretamente a de dar a coñecer a empresas e traballadores/as o funcionamento dos comités de seguranza e saúde e dos delegados de prevención.

2) Coñece-los estudios realizados no sector polo Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene, mutuas de accidentes e as propias empresas con respecto a traballos tóxicos, penosos e perigosos, accidentes e enfermidades profesionais máis comúns no sector.

3) Propor e preve-las medidas técnicas.

No atinente á designación dos servicios de prevención, delegados de prevención e comité de seguranza e saúde aplicarase o que para tal efecto dispón a Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Nos casos de subcontratación, a empresa principal deberá establecer baixo a súa responsabilidade, nos centros de traballo nos que presten servicios tra

balladores/as de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos e información sobre estes en xeral a cantos se relacionen coas condicións de seguranza e saúde dos traballadores/as, así como hixiénico-sanitarias.

4) Desenvolve-la información, o diálogo e a participación equilibrada entre os empresarios e os traballadores/as e os seus respectivos representantes que exercen as súas funcións de representación de maneira que se poida garantir un mellor nivel de protección, de seguranza e saúde dos traballadores/as.

As empresas que teñan máis de 50 traballadores/as, ós 3 meses da sinatura do convenio terán que ter pactado un regulamento de funcionamento do comité de seguranza e saúde que, como mínimo, constará dos seguintes puntos:

a) Obxecto.

b) Organización.

c) Comité de seguranza e saúde (artigo 38 LPRL).

d) Competencias e facultades do comité de seguranza e saúde.

e) Reunións.

f) Convocatoria de reunións.

g) Redacción de actas de reunións.

h) Difusión.

i) Información que presentarán os responsables técnicos de prevención da empresa.

j) Participantes.

5) As organizacións que asinan este convenio acordan recomenda-la formación presencial en materia de prevención de riscos laborais para traballadores/as, delegados de prevención e traballadores/as designados.

A formación realizarase preferentemente dentro da xornada laboral (artigo 19 LPRL).

Sempre que non sexa posible a aplicación deste artigo, o tempo investido fóra da xornada compensarase con descanso na semana inmediata seguinte.

Unha vez elixidos os delegados de prevención e despois de comunicación á empresa, esta terá tres meses para dárlle-la formación básica establecida no artigo 35 do RSP.

Protección á maternidade.

En caso de embarazo, haberá que observa-las seguintes regras:

A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da Lei de prevención de riscos laborais deberá comprende-la determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da ava-

liación revelasen un risco para a seguranza e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición a ese risco a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. Estas medidas incluirán, cando resulte necesario, non realizar traballo nocturno ou traballo a quendas.

Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servicios médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, co informe do médico do Servicio Nacional da Saúde que asista facultativamente a traballadora, esta deberá desempeñar un posto de traballo ou función diferente e compatible con o seu estado. Oo empresario deberá determinar, logo de consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos. O cambio de posto ou función levarase a cabo de conformidade coas regras e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional e terá efectos ata o momento en que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ó anterior posto. No suposto de que, aínda aplicando as regras sinaladas no

parágrafo anterior, non existise posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ó seu encadramento profesional, ben que conservará o dereito ó conxunto de retribucións do seu posto de orixe, ou ben acollerse ó artigo 33º deste convenio (suspensión con reserva do posto de traballo).

O disposto neste número será tamén de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller ou do fillo e así o certificase o médico que, no réxime da Seguridade Social aplicable, asista facultativamente a traballadora.

Artigo 41º.-Vixilancia da saúde e recoñecementos médicos.

O empresario garantirá ós traballadores/as ó seu servicio a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó seu traballo. Esta vixilancia deberase axustar ó cumprimento do artigo 22 da LPRL e ó cumprimento do artigo 37.3º do Regulamento dos servicios de prevención, Real decreto 39/1997 no referente á vixilancia da saúde en intervalos periódicos.

Tódalas empresas vinculadas polo este convenio colectivo estarán obrigadas a realizar un recoñecemento médico anual como mínimo para todo o persoal, dentro da xornada laboral.

Os recoñecementos médicos xerais non serán necesarios nos casos en que os recoñecementos médicos específicos de cada posto de traballo inclúan as probas recollidas nos xerais correspondentes ó ano natural.

Ó persoal suxeito a quendas en horario de tarde ou noite compensaráselle as horas investidas no recoñecemento nas xornadas laborais dese mesmo día.

O recoñecemento consistirá, como mínimo, en audiometría, control de vista, análise de sangue e urina, espirometría e exploración clínica e deberase facer nos nove primeiros meses do ano. Os traballadores/as que desexen trasladarse ás dependencias dos centros asistenciais deberán comunicalo á empresa. O tempo empregado no recoñecemento será aboado pola empresa, que facilitará os medios de transporte para este desprazamento.

Este recoñecemento médico será realizado polo Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra ou outro centro asistencial similar.

Artigo 42º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas dotarán o seu persoal da roupa de traballo adecuada.

O persoal obreiro percibirá dúas fundas cada ano e, se for necesario, logo de xustificación, seralle proporcionada unha terceira. As indicadas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural e tamén ó inicio dunha contratación.

En relación co calzado, o empresario dotará o traballador dun par de botas de seguranza como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode provocar, e sempre que tal actividade requira estes artigos de protección.

O persoal administrativo e técnico que así o solicite percibirá cada ano unha bata que o protexa do desgaste da súa propia roupa. Exercido este dereito polo empregado, a peza será de uso obrigatorio durante a xornada laboral. No caso de ter que realizar algún labor nos talleres, o empregado será provisto de roupa adecuada (funda, botas de seguranza, casco, etc.) que o protexa dos riscos inherentes a eses lugares de fabricación.

O peroal que deba realizar labores continuos á intemperie en réxime de chuvias frecuentes será provisto de roupa e calzado impermeable, así como tamén o persoal que tivese que actuar en lugares notablemente alagados ou lamacentos. En contactos con ácido dotarase o traballador de roupa adecuada.

Ós porteiros, vixilantes, gardas, conserxes e choferes proporcionaráselles cada ano uniforme, calzado e roupas de abrigo e impermeables.

Ó traballador que realice o seu labor con lentes graduados, o empresario terá que proporcionarlle uns sempre que, en razón ó traballo que realice, sufrisen deterioración.

Se o traballador precisar vidros correctores, proporcionaránselle lentes protectores coa adecuada graduación óptica.

Cando a índole nociva da actividade dos traballadores/as así o requira, cumpriranse estrictamente as esixencias que ó respecto determina a Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 43º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores/as que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocuparen os postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Capítulo VIII

Percepcións económicas (concepto, estructura, compensacións, indemnizacións)

Artigo 44º.-Salarios.

Os salarios para o ano 2003 son os reflectidos no anexo I deste convenio, que inclúen o incremento salarial e incremento complemento de transporte. Para as primas e calquera outro concepto contemplado no mesmo anexo, o incremento será do 5 por cento.

Para o ano 2004 o incremento salarial será do 4,5 por cento sobre os valores da táboa deste convenio do ano 2003, máis a parte correspondente ó complemento de transporte. Para as primas e calquera outro concepto contemplado no mesmol, o incremento será do 4,5 por cento.

Para o ano 2005 o incremento salarial será do 4,5 por cento sobre os valores da táboa deste convenio do ano 2004, máis a parte correspondente ó complemento de transporte. Para as primas e calquera outro concepto contemplado no mesmo, o incremento será do 4,5 por cento.

Respectaranse as condicións económicas derivadas das condicións persoais do traballador.

Artigo 45º.-Revisión salarial.

a) Revisión salarial ano 2003.

Se no 31 de decembro de 2003 o IPC dese ano superase o 3,6 por cento, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra que, exclusivamente, servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano 2004.

b) Revisión salarial ano 2004.

Se no 31 de decembro de 2004 o IPC dese ano superase o 3 por cento, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, que exclusivamente servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano 2005.

c) Revisión salarial ano 2005.

Se no 31 de decembro de 2005 o IPC dese ano superase o 3 por cento, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra que, exclusivamente, servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano 2006.

Artigo 46º.-Percepcións económicas: concepto.

1. Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores/as, en diñeiro ou especie, pola prestación profesional dos servicios labo

rais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que for a forma de remuneración, xa os períodos de descanso computables como de traballo.

2. Non terán consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador en concepto de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións da Seguridade Social, os complementos destas prestacións e indemnizacións da Seguridade Social que aboe a empresa como consecuencia de pacto en convenio, contrato individual, traslados, suspensións, cesamentos e despedimentos.

Artigo 47º.-Percepcións económicas: estructura.

1. As remuneracións económicas dos traballadores/as afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

2. Retribucións salariais:

a) Salario base: é a parte da retribución do traballador fixada con carácter básico por unidade de tempo.

b) Complementos persoais: son aqueles que derivan das condicións persoais do traballador e que non fosen valoradas ó fixa-lo salario base, tales como antigüidade, idiomas, etc.

c) Complemento de posto de traballo: son aquelas cantidades que deba percibi-lo traballador en razón das características do posto de traballo ou da forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporten conceptuación distinta de traballo corrente, tales como nocturnidade, tóxicos, penosos, etc.

Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que non teñen carácter consolidable.

d) Complemento por calidade ou por cantidade de traballo: son os que retribúen unha maior cantidade de traballo, tales como primas, incentivos, etc. A súa percepción estará condicionada en calquera caso polo cumprimento efectivo do módulo do cálculo e non ten carácter consolidable, salvo pacto ou convenio en contrario.

e) Complementos de vencemento periódico superior ó mes: existirán dúas pagas extraordinarias de devengo semestral, que se aboarán unha en xullo e outra en decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia na empresa, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado segundo as normas seguintes:

A. O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devengará a gratificación en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante o semestre correspondente.

B. O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida a tempo parcial, devengará as gra

tificacións extraordinarias no importe correspondente ó tempo efectivamente traballado.

f) Melloras voluntarias: o réxime das melloras voluntarias rexerase polo previsto no pacto individual ou no acto de concesión unilateral do empresario.

3. Percepcións extrasalariais: terán carácter extrasalarial as percepcións, calquera que for a súa forma, que non respondan a unha retribución unida directamente, mediante vínculo causal, co traballo prestado. En todo caso terán este carácter os conceptos seguintes:

-Os capitais asegurados derivados de pólizas de vida e/ou accidente.

-As prestacións e os seus complementos e indemnizacións da Seguridade Social.

-As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custos, gastos de viaxe ou locomoción, complementos de transporte e distancia, e aquelas de aluguer ou custo de vivenda que viñesen percibindo os traballadores/as.

-As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Os complementos de salarios terán a consideración que as partes lle outorguen e, no suposto de dúbida, no que mellor se adapte á súa natureza dentro dos tipos sinalados no número 2 e sen que en ningún caso se poidan cualificar como salario base.

5. As empresas, mediante acordo cos representantes dos traballadores/as, incluídas no ámbito de aplicación do presente acordo poderán establecer sistemas de aboamento de salario anual de forma rateada en 12 mensualidades.

Artigo 48º.-Táboa salarial.

Establécese unha táboa de percepcións económicas mínimas garantidas pola xornada laboral ordinaria que será, para cada traballador, a que corresponda á súa categoría profesional ou nivel salarial, sen discriminación ningunha por razón de sexo, e que se conten no anexo I deste convenio.

Artigo 49º.-Devengo do salario.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais polos importes que, para cada categoría ou nivel figuren na táboa salarial.

2. Os complementos salariais do convenio devengaranse por tódolos días efectivamente traballados polos importes que, para cada categoría ou nivel, se fixan na táboa de percepcións económicas.

3. Os complementos extrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ó traballo polos importes que para cada categoría ou nivel se establecen na táboa de percepcións económicas.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais da seguinte maneira:

a) Paga de xullo: 1 de xaneiro a 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: 1 de xullo a 30 de decembro.

5. Nas táboas de percepcións económicas farase figurar para cada categoría ou nivel o salario anual correspondente.

Artigo 50º.-Pagamento do salario.

A liquidación mensual das retribucións determinarase con base en mensualidades de 30 días para todo o persoal tanto de taller como de oficina.

Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior a un mes, se aboarán mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días naturais do mes seguinte ó seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos nos cales a contía non será superior ó 80% das cantidades devengadas.

As empresas quedan facultadas para pagaren as retribucións e anticipos á conta dos mesmos, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira.

No caso de a empresa optar pola modalidade de pagamento mediante cheque bancario, farase figurar nel que é cheque nómina, e cando se pague por transferencia reflectirase en nómina bancaria: nómina domiciliada.

O traballador deberá facilitar á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 51º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Tódolos traballadores/as que, por necesidade da industria e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

Ano 2003:

-Axuda de custo completa: 31,39 euros/día.

-Media axuda de custo: 11,84 euros/día.

Ano 2004:

-Axuda de custo completa: 33,10 euros/día.

-Media axuda de custo: 12,08 euros/día.

Ano 2005 :

-Axuda de custo completa: 34,89 euros/día.

-Media axuda de custo: 12,32 euros/día.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados exceden do importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, despois do

coñecemento desta e posterior xustificación do traballador.

Cando o traballador, por necesidades da empresa e a requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle, durante o ano 2003 a cantidade de 0,23 euros por quilómetro. Para os anos 2004 e 2005 aboaranse 0,24 euros por quilómetro e 0,25 euros por quilómetro, respectivamente.

Artigo 52º.-Complemento por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como penoso, tóxico ou perigoso farase por acordo entre o empresario e a representación legal dos traballadores/as. En caso de desacordo decidirá a autoridade xudicial.

A expresada bonificación establécese así para o ano 2003:

-Cando se produce un só suposto: 0,43 euros/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 0,66 euros/hora.

Ano 2004:

-Cando se produce un só suposto: 0,45 euros/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 0,69 euros/hora.

Ano 2005:

-Cando se produce un só suposto: 0,47 euros/hora.

-Se se producisen dous ou máis supostos: 0,72 euros/hora.

Ó persoal que con anterioridade viñese percibindo cantidades superiores ás aquí pactadas por estes mesmos conceptos, seranlles respectadas.

Artigo 53º.-Complemento xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que efectuando traballo manual asume o control de traballo dun grupo de oficiais, especialistas, etc. en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes persoal de superior categoría á súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle a súa retribución específica ata que polo seu ascenso a superior categoría quede aquela superada.

O 20% figurará como concepto en nómina como complemento de xefe de equipo.

O complemento que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría profesional ou nivel salarial, a non ser que fose tido en conta dentro do factor mando na valoración do posto de traballo.

Artigo 54º.-Complemento de antigüidade consolidado.

Os contratos realizados ou que se convertan en indefinidos a partir do 31 de decembro de 1999 non devengarán antigüidade.

O complemento de antigüidade consolidado (CAC) terá o mesmo incremento que se pacte para o salario base. No anexo II reflíctense os importes correspondentes a este complemento.

Artigo 55º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado polo este convenio percibirá por día efectivamente traballado e en concepto de complemento de transporte a cantidade de

Ano 2003:

Tres euros con un céntimo (3,01 euros).

Adicionaranse sesenta céntimos de euro (0,60 euros) por día efectivamente traballado ó salario base.

Ano 2004:

Dous euros con corenta céntimos (2,40 euros).

Adicionaranse setenta e nove céntimos de euro (0,79 euros) por día efectivamente traballado ó salario base.

Ano 2005:

Un euro con oitenta céntimos (1,80 euros).

Adicionaranse noventa e catro céntimos de euro (0,94 euros) por día efectivamente traballado ó salario base.

Artigo 56º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de 30 días do salario base máis complemento de antigüidade consolidado, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

Estas gratificacións serán concedidas en proporción ó tempo traballado, rateándose cada unha delas por semestres naturais do ano en que se outorguen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 10 e 25 de xulxo. Polo que respecta á do segundo semestre, será aboada entre o 10 e 20 de decembro.

Artigo 57º.-Baixas por enfermidade ou accidente.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral complementarase ó cento por cento da base reguladora correspondente desde o primeiro día da baixa.

Nos contratos por obra ou servicio sen data de finalización determinada, se ó accidentado lle fose rescindido o seu contrato durante a situación de IT, a empresa complementará ata o 100% da base de cotización ata a data de alta médica, cun máximo de tres meses desde a finalización do contrato.

En caso de hospitalización, o traballador percibirá o cento por cento da base reguladora correspondente desde o primeiro día.

Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar con documentos que fagan fe perante a súa empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 58º.-Traballo nocturno, domingos e festivos.

Considerarase traballo nocturno o comprendido entre as 22 horas e as 6 horas da mañá.

Os traballadores/as que teñan dereito a percibir suplemento de nocturnidade percibirán unha bonificación do 25% sobre o salario base que figura na táboa anexa I. Esta bonificación comprenderá, así mesmo, a parte correspondente a festivos e fin de semana en que o traballador realizase o traballo nocturno. Estes suplementos serán independentes das bonificacións que en concepto de horas extra e traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, lle correspondan.

Sen prexuízo do regulado no artigo 28 deste convenio, os traballadores/as que realicen xornadas de traballo en domingos e festivos polas características dos seus traballos, percibirán un incremento do 25% sobre tódolos conceptos económicos percibidos polo traballador na súa xornada normal, sen prexuízo do descanso semanal compensatorio regulamentario.

Artigo 59º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes deste convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, consonte os seguintes criterios:

A)Horas extraordinarias habituais: supresión.

B)Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

C)Horas extraordinarias estructurais: mantemento. A fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos de punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, ou mantemento. Todo isto, sempre que non poidan ser substituídas polas contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal e delegados sindicais sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se for o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores/as determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias, conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores, rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

Establécese como valor mínimo das horas extraordinarias para cada categoría profesional ou nivel salarial o establecido no anexo I deste convenio.

En todo caso, para aqueles traballadores/as que teñan complemento de antigüidade consolidado aplicarase a seguinte fórmula:

P (S + C.A.)

HE = x 1,75

H

HE= valor hora extra.

P= número de pagas ó ano.

S= salario convenio mes.

CA= complemento de antigüidade consolidada.

H= número de horas efectivas de traballo ano.

As horas extraordinarias que se traballen de dez da noite a seis da mañá aboaranse cun 25% de recarga.

Artigo 60º.-Cláusula de desvinculación.

Os compromisos en materia salarial contidos neste convenio non serán de aplicación para aquelas empresas que acrediten descensos, en termos reais, da facturación ou dos resultados dos dous últimos exercicios, correspondendo en tal suposto o mantemento retributivo do convenio anterior.

Para efectos de aplicación da presente cláusula, as partes acordan someterse ás seguintes normas de procedemento:

A dirección da empresa deberá comunicar por escrito á representación dos traballadores/as e á comisión paritaria do convenio a vontade de se acoller á cláusula de desvinculación, antes dos 15 días seguintes á publicación deste convenio colectivo no BOP.

No prazo máximo dos 30 días naturais seguintes á comunicación anterior, a dirección da empresa entregará ós representantes dos traballadores/as a documentación acreditativa fidedigna, documentación que, como mínimo, comprenderá: 1/ memoria explicativa das causas que motivan a solicitude e unha previsión do que pode supor para a empresa ese ano a súa devinculación, 2/ balances e conta de resultados dos dous últimos exercicios económicos, 3/ a empresa, se o considera determinante, poderá achegar datos sobre a súa situación financeira, productiva, comercial ou de cotizacións á Seguridade Social e ó IRPF.

Á vista da documentación achegada, se no prazo dos 10 días seguintes á súa recepción polos representantes dos traballadores/as, non se alcanzase un acordo, remitirase á comisión paritaria, a indicada documentación.

A comisión paritaria no prazo de 10 días hábiles deberá resolver sobre a cuestión suscitada.

Se a comisión paritaria non dictar resolución no prazo indicado, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I do 4 de marzo de 1992, asumindo as partes asinantes deste convenio o sometemento expreso ó dito sistema polo simple feito da indicada remisión, sen necesidade de ulterior sometemento ou aprobación.

Nas empresas en que non exista representación legal dos traballadores/as, a dirección comunicará a petición de desvinculación á comisión paritaria, precedéndose conforme se determina nas letras b), d) e e) anteriores.

Os acordos que se adopten no seo da empresa establecerán os incrementos acordados para a vixencia do convenio, así como a forma da súa aplicación. Do acordo adoptado darase conta á comisión paritaria, co obxecto do seu coñecemento.

Capítulo IX

Organización do traballo

Artigo 61º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo, consonte o previsto neste convenio, corresponde ó empresario, quen a levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control de traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

No suposto de que se delegasen facultades directivas, esta delegación farase de modo expreso, de maneira que sexa suficientemente coñecida, tanto polos que reciban a delegación de facultades, como polos que despois serán destinatarios das ordes recibidas.

As ordes que teñan por si mesmas o carácter de estables deberán ser comunicadas expresamente a tódolos afectados e dotadas de suficiente publicidade.

A representación legal dos traballadores/as velará por que no exercicio das facultades antes aludidas non se conculque a lexislación vixente.

Artigo 62º.-Productividade.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na óptima utilización dos recursos humanos e materiais. Para este obxectivo é necesaria a mutua colaboración das partes integrantes da empresa: dirección e traballadores/as.

Os salarios fixados neste convenio corresponden a un rendemento no traballo de 60 puntos de Bedaux e/ou o seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración e incentivos que puidesen implantarse nas empresas. Naqueles casos en que non se tivesen adoptado sistemas de remuneración con incentivos, entenderase como rendemento normal para efectos da retribución do traballador a dun operario de capacidade normal.

Se se aplicase algún sistema de control de tempos, calquera que for este, o incentivo que se aplique deberase axustar ó que pactase a empresa cos representantes dos traballadores/as, e ó indicado nos números seguintes:

a) A existencia de actividade normal.

b) Adxudicación dos elementos necesarios (máquinas ou tarefas específicas) para que o traballador poida alcanza-lo mínimo esixible.

c) A fixación de fórmulas claras e sinxelas para a obtención dos cálculos de retribucións que correspondan a cada un dos traballadores/as afectados, de maneira que calquera que sexa o grupo profesional destes e o posto de traballo que ocupen, se poidan comprender con facilidade

Actividade normal: a actividade normal de traballo é a desenvolvida polo operario medio que actúa baixo unha dirección competente pero sen o estímulo dun sistema de remuneración ou rendemento e sen coacción ningunha, isto é, a cantidade de traballo prestado por un obreiro capacitado e ambientado ó posto de traballo, desenvolvendo unha actividade mínima normal equivalente a 4,8 km/h andando, que foi determinado por unha correcta cronometraxe.

Actividade media: é a actividade que corresponde a 120 unidades centesimais, 70 puntos Bedaux ou o seu equivalente.

Actividade óptima: considérase actividade óptima a que pode desenvolver un productor activo, adestrado no traballo, que logra atinxir con seguranza o nivel de calidade e precisión fixados para a tarefa encomendada. Esta actividade está valorada en 133 unidades centesimais, 80 puntos Bedaux, ou equivalente.

Actividade esixida: a actividade esixida no presente convenio é a de 100 unidades centesimais, 60 puntos Bedaux ou equivalente.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que se veñen desfrutando por este concepto.

As empresas e os representantes dos traballadores/as acordarán as compensacións que correspondan a un rendemento maior á actividade esixida por este convenio.

a) Novas tecnoloxías: cando nunha empresa se introduzan novas tecnoloxías que poidan supor modificacións, os traballadores/as afectados por estas deberán ter un período de formación ou adaptación técnica suficiente, que deberá ser comunicada ós representantes dos traballadores/as cun prazo suficiente para poder analizar e preve-las consecuencias en relación con emprego, saúde laboral e formación.

b) Revisión de valores: os tempos reais de cada empresa poderanse modificar sempre que concorran algúns dos casos seguintes:

1. Mecanización.

2. Mellora das instalacións que faciliten a realización de traballos.

3. Cambios de métodos operacionais distintos dos descritos no sistema anterior de traballo.

4. Cando existe un erro de cálculo numérico ou matemático.

5. Cando o traballo sexa de primeira serie.

Crearase unha comisión técnica paritaria de productividade, que estará integrada polas partes asinantes do convenio e que terá, entre outras funciones, as seguintes:

1. Promover entre os empresarios e traballadores/as do sector do metal comprendidos neste convenio unha adecuada información en temas de productividade.

2. Coñecer e fomenta-los estudios realizados a tódolos niveis e en tódolos subsectores, neste ámbito, e a viabilidade da súa aplicación.

Os representantes legais dos traballadores/as terán as competencias previstas no artigo 64.4º d) do Estatuto dos traballadores.

Capítulo X

Disposicións varias

Artigo 63º.-Seguro colectivo.

As empresas deberán concertar seguros colectivos de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, durante a vixencia deste convenio, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 21.000 euros.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 24.000 euros.

A repercusión na cobertura de póliza pola diferencia do incremento que se produce entenderase con efectos a partir de 30 días despois da sinatura deste convenio. O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros establecida no presente artigo deberase concertar no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza se inserirá no taboleiro de anuncios das empresas.

Capítulo XI

Código de conducta laboral

Artigo 64º.-Código de conducta.

O presente acordo sobre código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses dos traballadores/as e empresarios.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores/as que supoñan un incumprimento contractual dos seus

deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establece nos artigos seguintes.

Corresponde á empresa, en uso da facultade de dirección, impor sancións nos termos estipulados no presente acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que o motivaron. Ó mesmo tempo a empresa dará conta ós representantes legais dos traballadores/as de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal desta poderase dilatar ata sesenta días despois da data da súa imposición.

Artigo 65º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en leve, grave e moi grave.

Artigo 66º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada dun día ó traballo no período dun mes.

c) Non notificar con carácter previo ou, se for o caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo, salvo que se probe a imposibilidade de telo podido facer.

d) O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo se, como consecuencia disto, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipamentos e material de traballo dos que se fose responsable.

f) A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

g) Non comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo á empresa.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador/a que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

i) Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandados dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non comporten prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

j) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica, dentro da xornada ordinaria de traballo, sen a debida xustificación.

k) Discutir cos compañeiros/as, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

Artigo 67º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes. Bastará unha soa falta cando esta afectase o revezamento dun compañeiro/a ou se, como consecuencia da inasistencia, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos ou distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando con isto un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia das ordes ou mandados das persoas de que se depende organicamente no exercicio regular das funcións, sempre que isto ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

f) A falta de aseo e limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

g) Suplantar outro traballador/a, alterando os rexistros e controis de entrada ou saída do traballo.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a súa boa marcha, sempre que disto non derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

i) A realización sen consentimento previo da empresa de traballos particulares durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos utensilios, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, mesmo fóra da xornada de traballo.

j) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou a dignidade das persoas.

l) A embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas durante o traballo.

Artigo 68º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións durante o período dun mes, ou ben máis de vinte nun ano.

b) A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros/as de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral cando, encontrándose en baixa o traballador/a por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada, aínda por breve tempo, se como consecuencia del se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguranza ou fose causa de accidente.

f) A habitualidade na embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración nas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das funcións.

g) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

h) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) Os maos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros/as de traballo, provedores e clientes da empresa.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia das ordes ou mandados dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou os seus compañeiros/ras de traballo, salvo que sexan debidos ó abuso de autoridade. Terán a consideración de abuso de autoridade os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais e con prexuízo para o traballador/a.

m) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral ou que se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 69º.-Réxime de sancións.

Sancións.

As sancións máximas que se poderán impor pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves:

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 70º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

-Faltas leves: dez días.

-Faltas graves: vinte días.

-Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Capítulo XII

Dereitos sindicais, formación

Artigo 71º.-Acción sindical.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente, os traballadores/as desfrutarán das seguintes garantías sindicais:

As empresas darán conta das novas contratacións que realicen ós representantes legais dos traballadores/as, se existiren.

En tódalas empresas con representación sindical, aquelas están obrigadas a ter un taboleiro de anuncios para inserción de propaganda sindical. En canto á inserción da mesma, observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Logo de existencia de común acordo entre as empresas, sindicatos e representantes dos traballadores/as (comités ou delegados) poderase pacta-la acumulación mensual de horas sindicais nun só representante, cando a cadro de persoal daquelas fose superior a 31 traballadores/as.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

Cada un dos representantes sindicais poderá dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 100 traballadores/as: 15 horas.

-De 101 a 250 traballadores/as: 20 horas.

Quedarán incluídas neste crédito as horas destinadas a asistir ás convocatorias sindicais que, en todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Para as empresas de máis de 50 traballadores/as, a comunicación establecida no artigo 65 por comisión de faltas graves ou moi graves realizarase tamén á central sindical a que pertenza o traballador, sempre que a empresa teña constancia fidedigna da súa pertenza e que a dita central sindical teña representación na empresa e sexa unha das asinantes deste convenio.

Artigo 72º.-Formación.

Cada traballador poderá asistir ós cursos de formación xeral por el decididos. Logo de xustificación da súa matrícula, a empresa facilitará, na medida do posible, as quendas de traballo máis adecuadas para a realización deses estudios.

Artigo 73º.-Formación profesional.

As empresas colaborarán coas organizacións empresariais e sindicais para a realización de cursos de formación para os traballadores/as, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e os sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolver este labor.

Ós traballadores/as que participen en curso de formación continua teránselles en conta estes para efectos de promoción interna e de acceso a categorías superiores.

Capítulo XIII

Comisión paritaria, lexislación subsidiaria

Artigo 74º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación, vixilancia do seu cumprimento e reestructuración do sector.

A comisión estará integrada polos seguintes membros:

Un presidente, o da comisión negociadora do convenio.

Seis vocais pola representación sindical asinante do convenio.

Seis vocais pola representación empresarial.

Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio, así como en todas aquelas cuestións sociolaborais que poidan afectar o sector, entre outras estudia-la posibilidade de desagregar subsectores deste convenio para negocialos independentemente, xa sexa no ámbito provincial ou galego ou tamén a negociación dun convenio galego do metal.

A comisión mixta paritaria reunirase con carácter ordinario a primeira quincena de cada trimestre a

partir da sinatura do convenio, e con carácter extraordinario por petición de calquera das partes, e logo de convocatoria do seu presidente nun prazo máximo de 72 horas.

Artigo 75º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores, na Resolución do 13 de maio de 1997 acordo sobre cobertura de baleiros, así como disposicións legais vixentes ou que se poidan promulgar durante a vixencia do convenio.

Disposicións adicionais

Primeira.-data tope para o aboamento de atrasos salariais será o 31 de xullo de 2003.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio son:

Pola representación empresarial:

Asime: Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia.

Atra: Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparación de Vehículos de la Provincia de Pontevedra.

Instalectra: Asociación Autónoma de Empresarios de Instalaciones y Reparaciones Eléctricas de la Provincia de Pontevedra.

Foncalor: Asociación Autónoma de Empresarios Instaladores de Fontanería, Saneamiento, Gases Licuados del Petróleo, Calefacción en General, Aire Comprimido y Afines de la Provincia de Pontevedra.

Feca: Federación de Empresarios de la Comarca de Arousa.

Pola representación dos traballadores/as:

UGT: Unión Xeral de Traballadores.

CIG: Confederación Intersindical Galega.

CC.OO.: Comisións Obreiras.

Terceira.-O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis prezados, así como a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é nosa obriga coidar e potenciar.

Neste senso, este convenio colectivo redactarase nas dúas linguas oficiais de Galicia e publicarase da mesma forma no BOP.

Cuarta.-Sen prexuízo do disposto no artigo 28º, nos casos de persoal de empresas que realicen tarefas de instalación, reparación e mantemento, excepto as empresas do sector naval, cando o posto de traballo asignado estea a menor distancia do domicilio do traballador que o centro de traballo habitual, prevalecerá o asignado. Para estes efectos deberanse garanti-las condicións mínimas de limpeza e hixiene á finalización das tarefas, como establece a LPRL.

Disposicións transitorias

Primeira.-Para a resolución pacífica dos conflictos laborais as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA) asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CIG.

Segunda.-As empresas auxiliares e complementarias do sector naval aplicarán o acordo do 7 de xuño de 1999, que regula os complementos por traballos especiais. A comisión paritaria de seguimento á que fai referencia o citado acordo constituirase no prazo máximo de tres meses a partir da sinatura deste convenio para estudia-las dúbidas xurdidas na súa aplicación.

Terceira.-De conformidade co artigo 11 da L.O.L.S., a comisión paritaria estudiará a aplicación dun canon de negociación colectiva a tódolos traballadores/as no ámbito deste convenio.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo de traballo para as empresas do metal sen covenio propio de Pontevedra

Ano 2003

Grupo profesional

Salario/mes

Salario/ano

Compesación eventualidade por mes traballado

Valor hora extraordinaria

* Grupo 1
Enxeñeiros e licenciados1.608,8922.524,47104,2822,19

* Grupo 2
Perito con respnsabilidade1.454,5520.363,7294,2820,07
Enxeñeiros e técnicos industriais1.454,5520.363,7294,2820,07
Xefe de 1ª técnico de laboratorio1.231,9717.247,6279,8517,00
Xefe de taller1.231,9717.247,6279,8517,00
Xefe de 1ª organización1.231,9717.247,6279,8517,00
Xefe de 1ª administrativo1.231,9717.247,6279,8517,00

* Grupo 3
Delineante proxectista1.112,2215.571,0872,0915,34
Xefe de 2ª organización1.112,2215.571,0872,0915,34
Xefe de 2ª1.112,2215.571,0872,0915,34
Graduados sociais1.112,2215.571,0872,0915,34
Mestres industriais1.073,9915.035,8569,6114,82
Mestre de taller1.073,9915.035,8569,6114,82

Grupo profesional

Salario/mes

Salario/ano

Compesación eventualidade por mes traballado

Valor hora extraordinaria

Contramestre1.073,9915.035,8569,6114,82
Xefe de 2ª técnico laboratorio1.073,9915.035,8569,6114,82

* Grupo 4
Encargado967,0613.538,8162,6813,34
Analista de 1ª967,0613.538,8162,6813,34
Técnico de organización de 1ª967,0613.538,8162,6813,34
Oficial de 1ª administrativo967,0613.538,8162,6813,34
Viaxante950,9713.313,6061,6413,12
Delineante de 1ª950,9713.313,6061,6413,12
Practicantes950,9713.313,6061,6413,12

* Grupo 5
Oficial de 1ª taller893,7712.512,7557,9312,33
Oficial de 2ª taller893,7712.512,7557,9312,33
Técnico de organización de 2ª893,7712.512,7557,9312,33
Oficial de 2ª administrativo893,7712.512,7557,9312,33
Delineante de 2ª844,6711.825,3754,7511,65
Analista de 2ª844,6711.825,3754,7511,65
Chofer de camión844,6711.825,3754,7511,65
Capataz de especialistas844,6711.825,3754,7511,65

* Grupo 6
Oficial de 3ª819,6711.475,3753,1311,31
Chofer de turismo819,6711.475,3753,1311,31
Listeiro819,6711.475,3753,1311,31
Especialista796,6511.153,1451,6310,99
Capataz de peóns ordinarios796,6511.153,1451,6310,99
Almaceneiro796,6511.153,1451,6310,99
Pesador de báscula763,3610.687,0149,4810,53
Chofer de motociclo763,3610.687,0149,4810,53
Auxiliar de laboratorio763,3610.687,0149,4810,53
Auxiliar técnico de oficina763,3610.687,0149,4810,53
Auxliar de organización763,3610.687,0149,4810,53
Auxiliar administrativo763,3610.687,0149,4810,53

* Grupo 7
Peón758,8010.623,2149,1810,47
Vixilante758,8010.623,2149,1810,47
Porteiro e ordenanza758,8010.623,2149,1810,47
Axudantes de oficio menores de 18 anos
De 16 a 18 anos549,727.696,1435,637,58

ANEXO II

Táboa de complemento de antigüidade consolidado (CAC) do convenio colectivo de traballo para as empresas do metal sen convenio propio de Pontevedra

Ano 2003

Grupo profesional

CAC

quinquenio

CAC

1 ano-20%

CAC

2 anos-40%

CAC

3 anos-60%

CAC

4 anos-80%

CAC

5 anos-100%

* Grupo 1
Enxeñeiros e licenciados63,6912,7425,4838,2250,9563,69

* Grupo 2
Perito con responsabilidade57,4911,5023,0034,4945,9957,49
Enxeñeiros e técnicos industriais53,3810,6821,3532,0342,7153,38
Xefe de 1ª técnico de laboratorio48,519,7019,4029,1138,8148,51
Xefe de taller46,459,2918,5827,8737,1646,45
Xefe de 1ª organización46,459,2918,5827,8737,1646,45
Xefe de 1ª administrativo46,459,2918,5827,8737,1646,45

* Grupo 3
Delineante proxectista45,929,1818,3727,5536,7345,92
Xefe de 2ª organización42,958,5917,1825,7734,3642,95
Xefe de 2ª42,958,5917,1825,7734,3642,95
Graduados sociais41,528,3016,6124,9133,2141,52
Mestres industriais35,857,1714,3421,5128,6835,85
Mestre de taller41,548,3116,6224,9233,2341,54
Contramestre41,548,3116,6224,9233,2341,54
Xefe de 2ª técnico laboratorio41,548,3116,6224,9233,2341,54

* Grupo 4
Encargado37,847,5715,1422,7130,2737,84
Analista de 1ª37,847,5715,1422,7130,2737,84
Técnico de organización de 1ª37,237,4514,8922,3429,7937,23
Oficial de 1ª administrativo37,237,4514,8922,3429,7937,23
Viaxante37,237,4514,8922,3429,7937,23
Delineante de 1ª36,137,2314,4521,6828,9036,13
Practicantes34,286,8613,7120,5727,4334,28

* Grupo 5
Oficial de 1ª taller35,017,0014,0021,0028,0135,01
Oficial de 2ª taller32,876,5713,1519,7226,2932,87
Técnico de organización de 2ª33,266,6513,3119,9626,6133,26

Grupo profesional

CAC

quinquenio

CAC

1 ano-20%

CAC

2 anos-40%

CAC

3 anos-60%

CAC

4 anos-80%

CAC

5 anos-100%

Oficial de 2ª administrativo33,266,6513,3119,9626,6133,26
Delineante de 2ª32,996,6013,2019,7926,3932,99
Analista de 2ª32,506,5013,0019,5026,0032,50
Chofer de camión32,506,5013,0019,5026,0032,50
Capataz de especialistas32,296,4612,9219,3725,8332,29

* Grupo 6
Oficial de 3ª31,736,3512,6919,0425,3831,73
Chofer de turismo31,826,3612,7319,0925,4531,82
Listeiro31,456,2912,5818,8725,1631,45
Especialista30,676,1312,2718,4024,5430,67
Capataz de peóns ordinarios30,896,1812,3618,5324,7130,89
Almaceneiro30,426,0812,1718,2524,3330,42
Pesador de bascula29,685,9411,8717,8123,7529,68
Chofer de motociclo29,685,9411,8717,8123,7529,68
Auxiliar de laboratorio29,105,8211,6417,4623,2829,10
Auxiliar técnico de oficina29,105,8211,6417,4623,2829,10
Auxiliar de organización29,105,8211,6417,4623,2829,10
Auxiliar administrativo29,105,8211,6417,4623,2829,10

* Grupo 7
Peón29,105,8211,6417,4623,2829,10
Vixiante28,985,8011,5917,3923,1828,98
Porteiro e ordenanza28,285,6611,3116,9722,6228,28

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA