Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.916

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/158).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Lugar de Ruibo, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T. 20 kV parque eólico Pena Feixa-parque eólico Serra do Moncoso.

Situación: Monfero.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón, con conductor LA-110, en simple circuíto, de 2.856 m de lonxitude, con orixe na cela de saída no parque eólico de Pena Feixa e final na subestación parque eólico da Serra do Moncoso, discorrendo polo municipio de Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 9 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña