Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/185).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: variante L.A.T. 66 kV Padrón-Sta. Uxía de Ribeira (tramo Finsa-Boiro-Palmeira) entre apoios 229-232.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: variante liña eléctrica de alta tensión 66 kV Padrón Sta. Uxía de Ribeira, á altura do p.k. 14,510 da estrada Boiro-Noia:

Suprimindo os apoios de 229 a 232 e implantando no seu lugar os apoios 229A e 232A, que serán metálicos, de celosía e tendendo conductores LA-180, xunto co cable de terra nunha lonxitude de 228 m. Concello de Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de xullo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña