1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de repoboación de 103 ha nos montes situados nos termos municipais da Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo).
2.2. Prazo de execución: doce meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento corenta e dous mil catrocentos trinta e oito euros con un céntimo (142.438,01 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 2.848,76 euros.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: 5.697,52 euros.
7. Clasificación.
Grupo K, subgrupo 6, categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2996
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursaren a esta licitación deberán enviar ó enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a seguir se relacionan:
-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información:
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación necesaria: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 5 que se publican nesta mesma data, de obras de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas nos montes: San Mamede; Cisterna e Marco da Curra; Río do Sol; montes situados na Fonsagrada e Negueira de Muñiz; Iroite, Barbanza e outros, e Barbanza e Xián, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.
10. Apertura da documentación xeral (sobres A).
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Apertura das ofertas.
Ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2003.
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente