Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de mantemento e mellora dos recursos forestais mediante labores silvícolas no monte de San Mamede (Carnota) no distrito forestal V.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de mantemento e mellora dos recursos forestais mediante labores silvícolas no monte de San Mamede (Carnota) no distrito forestal V.

2.2. Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos un mil setecentos oitenta e nove euros con noventa e oito céntimos (301.789,98 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 6.035,79 euros.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 12.071,59 euros.

7. Clasificación.

Grupo K, subgrupo 6, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2994

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursaren a esta licitación deberán enviar ó enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a seguir se relacionan:

-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación necesaria: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 5 que se publican nesta mesma data, de obras de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas nos montes: San Mamede; Cisterna e Marco da Curra; Río do Sol; montes situados na Fonsagrada e Negueira de Muñiz; Iroite, Barbanza e outros, e Barbanza e Xián, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12.00 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente