Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, dun contrato de subministración de material informático para a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais. (Expediente 2/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 2/2003 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a subministración, instalación e configuración de material informático (ordenadores, impresoras, plotters, escáner e software) destinados ós servicios centrais e delegacións pro

vinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, que se distribuirán nos seguintes lotes:

Lote I: 85 ordenadores persoais de sobremesa (80 ordenadores persoais de sobremesa tipo I, 5 ordenadores persoais de sobremesa tipo II); lote II: 3 ordenadores portátiles; lote III: 46 impresoras (25 impresoras de rede/departamentais tipo I, 1 impresora de rede tipo II, 20 impresoras persoais tipo III); lote IV: 5 plotters (4 plotters tipo I, 1 plotter tipo II); lote V: 14 ordenadores persoais (10 ordenadores tipo I, 1 ordenador tipo II, 3 ordenadores tipo III); lote VI: 1 escáner e software.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de trinta días a partir do día seguinte á data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 168.300 euros, IVE incluído, distribuído nos seguintes lotes:

Lote I: 85 ordenadores persoais de sobremesa: 102.500 euros; lote II: 3 ordenadores portátiles: 4.500 euros; lote III: 46 impresoras: 32.948 euros; lote IV: 5 plotters: 10.352 euros; lote V: 14 ordenadores persoais: 16.558 euros; lote VI: 1 escáner e software: 1.442 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado para o lote ou lotes ofertados (lote I: 2.050 euros; lote II: 90 euros; lote III: 658,96 euros; lote IV: 207,04 euros; lote V: 331,16 euros; lote VI: 28,84 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2900

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acreditra-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica acreditarase, de conformidade co artigo 18 a) e b) do TRLCAP, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos indicando ó seu importe, datas e destinos públicos ou privados, á que se incorporarán os correspondentes certificados sobre estes e descrición do equipo técnico, medidas empregadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio