Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

En cumprimento do establecido polo artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, e para os efectos da súa entrada en vigor, faise público, para xeral coñecemento, que o pleno da corporación municipal, en sesión de data 19 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual número 4 das normas subsidiarias municipais de planeamento, instrumento do que se dá traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, segundo dispón o artigo 92.3º da citada Lei 9/2002.

Vilanova de Arousa, 9 de xullo de 2003.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde