Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dun servicio técnico de desenvolvemento e mantemento do proxecto SIXAP (Sistema Integrado de Xestión de Atención Primaria) no Servicio Galego de Saúde (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia) e en centros dependentes deste. (S-295/2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S-295/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio técnico de desenvolvemento e mantemento do proxecto SIXAP (Sistema Integrado de Xestión de Atención Primaria) no Sergas (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia) e en centros dependentes deste.

b) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: un millón noventa e cinco mil cento corenta e catro euros (1.095.144 A).

5. Garantía provisional: si. Vinteún mil novecentos dous euros con oitenta e oito céntimos de euro (21.902,88 A).

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 h do día 19 de setembro de 2003.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas a.m., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro

(ver punto 6), do oitavo día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte. 29 de setembro de 2003.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a catro mil euros (4.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 14 de agosto de 2003.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

P.D. (Orde 31-7-2003)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde