Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 22 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2003/000216-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000216-5.

Denunciado: Tomás Romero Martínez.

DNI: 36010096P.

Enderezo: Gran Vía, 114-5, Vigo.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000300-5.

Denunciado: Juan Carlos Rodríguez Parga.

DNI: 34932469T.

Enderezo: Juan de Ángeles, 1-1 B, Ourense.

Vigo, 22 de xullo de 2003.

Marta Molíns Otero

Instructora