Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno os proxectos técnicos e os pregos de condicións económico-administrativas, anúnciase o concurso público urxente, polo procedemento aberto, que rexerá na contratación das obras que no punto 2 se indican.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Rosal.

2. Obxecto do contrato.

a) Saneamento en Fornelos (orzamento de licitación de 86.571,01 euros).

b) Saneamento en Novás (orzamento de licitación de 69.251,69 euros).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto por vía de urxencia.

b) Forma: concurso.

4. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

Concello do Rosal, praza do Calvario nº 1, O Rosal (Pontevedra).

Teléfono: 986 62 50 00. Fax: 986 62 60 34.

Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

6. Presentación de ofertas.

Polos medios sinalados na Lei 30/1992, ata as 14.00 horas e durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG. En caso de presentación fóra do rexistro do Concello do Rosal deberá informarse fidedignamente o concello con anterioridade á finalización do prazo de presentación de ofertas.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións. Formularanse proposicións económicas por cada unha das obras.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego. Se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

O Rosal, 7 de agosto de 2003.

José Luis Lorenzo Alonso

Alcalde accidental